San Pedro de Berdoias é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello coruñés de Vimianzo na comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2018 tiña 223 habitantes (112 mulleres e 111 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 332 habitantes.
Patrimonio miniatura|esquerda|200px|Igrexa parroquial. A Casota de Freáns é un dolmen, bo exemplo do megalitismo en Galicia. Nel pódense observar abundantes gravados, coviñas e algún elemento cruciforme, mostra da vontade de cristianización do megálito.
A capela de Santa Cristiña sitúase na aldea de Santa Cristiña, a carón dunha fonte sagrada. No chan do altar hai un pequeno receptáculo de forma rectangular cheo de terra á que se lle atribúen calidades curativas para as vacas. A tradición manda coller un puñado de terra e colgala ó pescozo das vacas durante nove días. Deste xeito a vaca estará libre de enfermidades e terá bos partos. Unha vez pasado este período de tempo, a terra debe ser devolta á ermida, e seguindo a tradición débese dar un donativo á santa a cambio do servizo prestado. No ano 2024 un tractor derrubou co seu remolque parte da ermida. A aldea da Pedra do Frade debe o seu topónimo a unha lenda, segundo a cal un frade refuxiouse no alto dunha pedra para evitar o ataque dos lobos. Porén, alí foi devorado, estando na actualidade o lugar sinalizado cun cruceiro.
Lugares e parroquias Lugares de Berdoias
Parroquias de Vimianzo
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lugares de Vimianzo
Categoría:Parroquias de Vimianzo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro