Paulo I Pedro MasadTamén Massad e Massaad. (en , Bulus Butrus Mas'ad), nado en Axqut (Líbano) o 16 de febreiro de 1806 e finado o 18 de abril de 1890, foi o 70º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 12 de novembro de 1854 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita. Traxectoria Bulus Masad naceu en Axqut, no distrito de Kisruan, o 15 de febreiro de 1806. Traballou como pastor cando era pequeno, e logo de rematar a educación básica entrou no seminario en Aïn-Ourakat. Aos 18 anos foi enviado ao seminario de Propaganda Fide. Foi ordenado sacerdote o 13 de xuño de 1830.
Á súa volta ao Líbano, exerceu de secretario do patriarca Xosé VIII Pedro. En 1841 foi nomeado vigairo patriarcal, e consagrado bispo titular de Tarso o 28 de marzo de 1841 polo patriarca Xosé VIII Pedro.
Á morte de Xosé IX Pedro, o sínodo dos bispos maronitas elixiuno patriarca o 12 de novembro de 1854. Durante o seu pontificado tivo que afrontar situacións moi complicadas, como as revoltas campesiñas contra os xeques, os masacres de 1860, e a guerra de independencia de Yusif Karam; a súa intelixencia e prudencia foron determinantes ante estes acontecementos.
Publicou unha historia dos maronitas, un escrito sobre a virxindade perpetua de María, e unha refutación dos escritos de Marach. Exerceu o cargo até a súa morte o 18 de abril de 1890, e foi enterrado na igrexa da súa vila natal segundo os seus desexos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1806 Categoría:Nados na gobernación do Monte Líbano Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos católicos do século XIX Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Finados en 1890