Leonor Andrade, nada en Barreiro o 13 de setembro de 1994, tamén coñecida como Ella Nor, é unha cantante e actriz portuguesa. Representou a Portugal no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "Há um mar que nos separa".
Traxectoria 2014: The Voice Portugal e Água de Mar En 2014 Leonor participou na segunda tempada de The Voice Portugal, onde foi eliminada no 13º programa. Após The Voice, uniuse ao elenco da telenovela da RTP Água de Mar onde ficou as dúas tempadas finais co rol de Joana.
2015-16: Festival de Eurovisión e Setembro O 19 de febreiro de 2015, Leonor foi anunciada como unha dos doce participantes do Festival da Canção 2015 coa canción "Há um mar que nos separa". O 7 de marzo de 2015, gañou a competición e foi seleccionada para representar a Portugal no Festival de Eurovisión 2015.
Lamentábelmente, o 21 de maio do 2015, na segunda semifinal do Festival de Eurovisión 2015, Leonor quedou ás portas da final, rematando nun 14º posto con 19 puntos, a tan só catro postos para poder entrar.
Após o seu paso eurovisivo, Leonor lanzou o seu primeiro sinxelo, "Já conheci" do seu álbum debut que tería prevista a súa saída entre setembro e outubro do 2015, aínda que non foi até abril de 2016 cando anunciouse a súa saída, segundo afirmou nunha entrevista na SIC Radical, na que tamén anunciou un hiatus na súa carreira como actriz, adicandose totalmente de mentres na súa carreira musical.
O 5 de outubro anunciou vía Twitter que unha nova canción chamada "Strong for Too Long" formará parte da banda sonora da telenovela da TVI Santa Bárbara. Mais non é até o 23 de outubro cando a canción chega ás plataformas dixitais iTunes, Google Play, Spotify, MEO music entre outras. O día após o seu lanzamento, a canción chega á 7ª posición do iTunes de Portugal."Leonor Andrade no top 10 _Strong for Too Long"
O 27 de abril de 2016, Leonor, lanza a imaxe da portada polas redes sociais Instagram, Twitter e Facebook, confirmando o nome do álbum (Setembro) e que o lanzamento do álbum anunciaríase nos vindeiros días. Finalmente a data do lanzamento foi anunciada para o 13 de maio de 2016. A canción "Não dá mais" foi a única dispoñíbel para mercar na pre-venda no iTunes e conseguiu en dous días chegar ao posto 22 do iTunes Portugal.
Filmografía Series de televisión Ano Título Rol 2014 Água de Mar Joana Luz (Tempada 2-3)
Outras aparicións na televisión
Ano Título Detalles 2014 The Voice Portugal Eliminada no 13º programa do equipo do Anselmo Ralph. 2015 Festival de Eurovisión 2015 Representa a Portugal coa canción "Há um mar que nos separa".
Discografía Álbums Título Detalles do álbum Posición nas listas Certificación POR Setembro Data de lanzamento: 13 de maio 2016 Formato: CD, Dixital
Sinxelos Como Leonor Andrade Ano Título Álbum Posición nas listas POR LUX 2015 Há um mar que nos separa – – Já Conheci Setembro – 28 Strong for Too Long 7 –
Como Ella Nor
Ano Título Álbum Posición nas listas POR LUX 2017 Não – –
Notas
Categoría:Cantantes de Portugal Categoría:Representantes de Portugal en Eurovisión Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados no distrito de Setúbal