O meloeiro ou melón (Cucumis melo L) é unha planta rubideira da familia das cucurbitáceas). Cultívase polo seu froito, o melón, unha froita probabelmente nativa do Oriente Medio. Existen innúmeras variedades cultivadas en rexións semiáridas de todo o mundo, todas presentando froitos máis ou menos esféricos, con casca espesa e polpa carnosa e suculenta, con moitas sementes achatadas no centro. A cor e a textura da codia, e a cor e o sabor da súa polpa, varían de acordo co cultivo.
A abondosidade de auga no seu interior e o sabor suave tornan ao melón unha froita moi apreciada a xeito de refrescos. As súas sementes, torradas e salgadas, tamén se consomen.
Notas miniatura|esquerda|Melóns do tipo cantalupo.
Categoría:Froitas Categoría:Cucumis Categoría:Hortalizas Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas rubideiras Categoría:Plantas descritas en 1753