Xosé Artiaga Barreira, nado en Mondoñedo o 10 de xullo de 1955, é un pintor, gravador, fotógrafo e artista multimedia, así como catedrático de debuxo galego.
Traxectoria Xosé Artiaga Barreira naceu na vila de Mondoñedo o 10 de xullo de 1955El Correo Gallego cita erroneamente como data de nacemento o día anterior (). Estudou na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, en MadridO expediente está recollido dentro dos grupos documentais conservados na Universidade Complutense de Madrid (). En 1983 presentou a tese de validación para licenciatura na Facultade de Belas Artes (Universidade Complutense de Madrid) co título La cultura castreña, dirixida polo profesor Juan Fernando de Laiglesia.
A súa arte pasou dun intimismo figurativo, caracterizado tecnicamente pola materialidade da súa pintura e o emprego da cor, a unha cada vez maior abstracción e esquematismo a partir de finais dos anos 80. Son as súas series máis importantes na década dos 90 e comezos do novo século "Presencias" (1990-93), "Reencontres" (1994, no que comeza a experimentar coa fotografía) e "Utopías" (2000, no que emprega elementos dixitais).
Participou en numerosos certames de arte de modo regular, en moitas ocasións da man da Galería Emilio Navarro, de Madrid. Aos vinte e seis anos presentouse coa obra Personaje de madrugada ao IX Certame Nacional de Arte convocado pola Caixa de Aforros de Guadalaxara, resultando elixido entre os trinta e tres finalistas, cuxas obras se expuxeron a partir do 30 de outubro de 1981. A súa primeira exposición individual tivo lugar en abril de 1985 na sala de exposicións da Deputación provincial de Lugo, e a súa primeira exposición en Madrid foi na Sala Columela en 1988. Tamén ten exposto obra en Art Basel, ARCO, Salón dos 16, Mostra Gas Natural Fenosa, Chicago Internacional Art Exposition ou Premio de Pintura L'Oreal, entre outros. Así mesmo ten colaborado con diferentes medios xornalísticos, como Diario 16, El Progreso (Lugo), Faro de Vigo, El Correo Gallego (Santiago) e a revista Monfadal (revista mindoniense de cultura).
Posúe ademais obra mural realizada para edificios da Xunta de Galicia en Lugo, Viveiro e Xermade.
En 1994 recibiu o VII Premio Constitución de Pintura da Xunta de Estremadura, e do mesmo xeito o Premio de Pintura L'Oreal en varias ocasións.
Ten obra exposta no Museo Provincial de Lugo, na Colección de Arte da Xunta de Galicia (Santiago), na Colección Banco de España (Madrid), no Centro Galego de Arte Contemporánea, no Concello de Mondoñedo, na Cultural Rioxa (Logroño), na Colección Comisionado do V Centenario de Galicia, na Colección Xunta de Estremadura, no Concello de Alcorcón e na Comunidade de Madrid.
En febreiro de 1996 saíu á luz o primeiro número da revista Arte y Parte, subtitulada «revista bimestral de información artística», un referente no eido internacional sobre as artes plásticas latinas, dirixida polo crítico galego Miguel Fernández-Cid, quen de xeito recorrente ten analizada a obra de Artiaga desde que o coñeceu en 1984. Aquel recoñeceu xa nese mesmo número a atención e colaboración prestada na xestación do devandito proxecto xornalístico a, entre outros, Xosé Artiaga. En 1998 foron escollidas catro das súas obras, pertencentes á serie Reencontres, para ilustrar na devandita revista un dos relatos da sección Palabras para el arte.
En 2017 foi un dos tres artistas invitados seleccionados para o VII Encontro de Artistas Novos "Cidade da Cultura" para impartir unha clase maxistral, xunto a María Cañas e Berta Álvarez Cáccamo.
Vida familiar É pai do tamén artista e crítico José Artiaga Rodero e da profesora e comisaria de arte Saudade Artiaga Rodero.
Crítica artística A dicir do crítico Miguel Fernández-Cid na súa obra reflíctese unha reivindicación do seu lugar de orixe, explicando que «as súas pinturas son de aparencia fría, mais evocan un ollar selectivo, unha actitude a un tempo intensa e reflexiva», cualificándoo tamén de «racionalista emocional».
Fundamentalmente a partir de mediados dos anos 1990, Artiaga experimenta cada vez con maior asiduidade con outros soportes. Así, por exemplo, coa fotografía. O crítico David Barro sinala neste sentido que «muda de soporte, pero non de bandeira, non funciona como un oportunista, senón que se apoia na fotografía co propósito de conseguir resultados que a pintura non acada, nunca para traizoala».
Labor como docente Á parte da súa carreira artística, ten exercido como profesor de plástica en diferentes centros educativos. En 1984 opositou para ingresar no Corpo de Catedráticos Numerarios de Bacharelato, sendo nomeado a comezos de 1986. Exerceu como profesor de debuxo no IES Galileo Galilei (de Alcorcón, desde o curso 1987-88), no IES Iturralde (de Madrid) e en Vilagarcía de Arousa.
En paralelo ás súas inquedanzas artísticas e ao seu compromiso coa protección dos animais, ten desenvolvido iniciativas en centros escolares que pretenden fomentar tanto a creatividade artística como o amor polos animais.
A Fundación Artiaga O 8 de xullo de 2015 creou en Vilagarcía de Arousa a Fundación Artiaga, clasificada como de interese cultural pola Xunta de Galicia no mesmo ano. Esta fundación ten por obxectivo a divulgación da cultura a través da arte, contribuír ao desenvolvemento cultural, social e científico de Galicia, promover o estudo e conservación da obra de Xosé Artiaga, así como a busca de novos artistas, e protexer aos animais abandonados. O padroado está presidido polo artista e completado nos cargos de vicepresidente e secretaria polos seus dous fillos, José e Saudade Artiaga Rodero.
Para recadar fondos para esta fundación, organizou en 2017 unha exposición colectiva itinerante titulada "AAN in ART", na que se reuniron obras de 42 artistas plásticos galegos, pasando en marzo pola Fundación Torrente Ballester (Santiago de Compostela) e en xullo polo Pazo de Sabadelle (Sabadelle, Chantada).
Exposicións thumb|Panorámica da exposición "Presencias", en 1990 IX Certame Nacional de Arte Caixa de Aforros de Guadalaxara (Guadalaxara, outubro 1981) José Artiaga. Grabados, ADART (Madrid, xaneiro 1983) José Artiaga. Dibujos, Libraría Abril (Madrid, febreiro 1983) Sala de exposicións da Deputación Provincial de Lugo (Lugo, abril 1985) Sala Pena Trapero (Mondoñedo, abril 1985) V Salón Nacional de Artes Plásticas (Alcobendas, Madrid, 1985) I Bienal de Pintura Fundación Araguaney (Santiago de Compostela, decembro 1985) 1990 (A Coruña, Santiago e Vigo, marzo 1986) Galería Sargadelos (Santiago de Compostela, marzo 1986) Galicia: chove sobre mollado, UIMP (Palacio da Magdalena, Santander, agosto 1986) Dezasete Pintores de Lugo (Bos Aires na Arxentina, Lugo, Pontevedra e Santiago, 1986/87) IX Bienal de Arte (Pontevedra, agosto 1987) Sala Casa da Parra (Santiago de Compostela, setembro 1987) Sala Durán Loriga (A Coruña, outubro 1987) Galería Columela (Madrid, abril 1988) Revisión dunha década 1978-1988 (Santiago e Vigo, xuño/xullo 1990) II Bienal de Artes Plásticas Cultural Rioxa (Logroño, xullo 1990) En la arena, Galería Emilio Navarro (Madrid, 1990) Presencias, Galería Emilio Navarro (Madrid, outubro 1990) IV Premios Constitución de Pintura (Badaxoz e Cáceres, febreiro/marzo 1991) 40 grados a la sombra, Galería Emilio Navarro (Madrid, 1991) II Mostra Unión Fenosa (A Coruña, xullo 1991) Alquilart (Madrid, 1991) XI Salón dos 16, Palacio de Velázquez e Centro de Arte Raíña Sofía (Madrid, setembro 1991) VII Premio de Pintura L´Oréal, Casa de Velázquez (Madrid, outubro 1991) II Certame de Pintura da UNED, Casa de Velázquez (Madrid, xaneiro 1992) XI ARCO 92, pola Galería Emilio Navarro (Madrid, febreiro 1992) Galería Delpasaje (Valladolid, abril 1992) Le printemps des arts, Créations 92-Espagne, Maison des Arts Georges Pompidou (Cajarc, Francia, abril/maio 1992) Chicago Internacional Art Exposition, pola Galería Emilio Navarro (Chicago, Estados Unidos, 1992) Art 23' 92 (Basilea, Suíza, xuño 1992) Pintores y Escultores Gallegos en la EXPO´92, Pavillón de Galicia (Sevilla, 1992) Artistas en Madrid, EXPO´92, Pavillón da Comunidade de Madrid (Sevilla, 1992) XII ARCO 93, pola Galería Emilio Navarro (Madrid, febreiro 1993) Trazos e Camiños (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo, 1993) Cimal Arte Internacional 41 (Valencia, 1993) IV Bienal de Pintura Cidade de Pamplona (Pamplona, marzo 1993) Ultreia (Lugo, 1993) XIII Certames nacionais Cidade de Alcorcón (Alcorcón, Madrid, febreiro 1994) Colección de Arte da Xunta de Galicia 1986-1993 (1995) III Certame Nacional de Pintura La General (Granada, marzo 1995) IV Mostra Unión Fenosa (A Coruña, agosto 1995) XI Premio de Pintura L´Oréal, Centro Conde Duque (Madrid, outubro 1995) Mondoñedo: máis preto (Barcelona, Bilbao, A Coruña, Xetafe, Mondoñedo, Santiago, Tréguier en Francia e Vigo, 1996/97) Galicia, 1900-1990, Galicia Terra Única, Hospital da Caridade (Ferrol, maio 1997) A Galicia exterior, Galicia Terra Única, Estación Marítima (Vigo, maio 1997) Galicia hoxe, Galicia Terra Única, Fundación Pedro Barrié de La Maza (A Coruña, 1997) V Mostra Unión Fenosa (A Coruña, agosto 1997) XIII Premio de Pintura L´Oréal, Centro Conde Duque (Madrid, outubro 1997) ¡Hasta la victoria siempre! Homenaje de los artistas gallegos al Ché, Galería Sargadelos (Santiago, decembro 1997) XIV Premio de Pintura L´Oréal, Centro Conde Duque (Madrid, outubro 1998) Monfadal 1 (Mondoñedo, decembro 1998) IV Bienal de Lalín (Lalín, Pontevedra, abril 1999) VI Mostra Unión Fenosa (A Coruña, xuño 1999) Galería Bacelos. Exposiciones 1999-2000, Galería Bacelos (Vigo, 2000) Novas adquisicións, Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago, 2000) Monfadal 2 (Mondoñedo, novembro 2001) XAB: Trans (Lugo, decembro 2002 a 21 de xaneiro de 2003) Marea negra (2003) Excéntrico, Museo Provincial de Lugo (Lugo, 2004) Ars Moenia (2004) Haciendo deporte, Galería Caracol (Valladolid, 2005) Art Salamanca/06, Galería Caracol (Salamanca, decembro 2005) Off / Fóra. Movementos imaxinarios entre Galicia e o Cono Sur, XXIX Bienal de Arte de Pontevedra (Pontevedra, xullo 2006) Noir (Cervo, Lugo, 2006) XAB, sala de exposicións do Centro Cultural e de Servizos á Cidadanía de Cervo (Cervo, Lugo, xaneiro 2007) Fluxo e refluxo na mar da arte (2007) Art Salamanca/07, pola Galería Caracol (Salamanca, 2007) Artesantander 2009, pola Galería Caracol (Santander, 2009) AAN in Art (Santiago e Chantada, 2017)
Notas
Véxase tamén Bibliografía Artigos
.
.
Libros e catálogos
Ligazóns externas Páxina web persoal de Xosé Artiaga Páxina web da Fundación Artiaga
Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1955 Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid