Iván Rivas Rico, nado na Pontenova en 1976, é un arquitecto e político galego do BNG. Traxectoria Estudou arquitectura na Universidade da Coruña, establecendo en 2006 o seu propio estudio de arquitectura, Oxixeno Arquitectura.Perfil en linkedin. Nas eleccións municipais de 2011 presentouse nas listas do BNG ao concello de Ferrol como número tres sen saír elixido concelleiro, mais tras a marcha de Xoán Xosé Pita, en novembro de 2011, entrou na corporación municipal asumindo a portavocía do grupo municipal en xaneiro de 2012. Foi o candidato á alcaldía de Ferrol polo BNG nas eleccións municipais de 2015 e mais de 2019.
Notas
Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados na Pontenova Categoría:Arquitectos de Galicia Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Concelleiros de Galicia polo BNG Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Políticos do BNG