Alan Jay Pakula, nado en Nova York o 7 de abril de 1928 e finado en Melville (Nova York) o 19 de novembro de 1998 foi un director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.

Traxectoria Pakula naceu no Bronk, de pais de orixe xudía polaca, Jeanette Goldstein e Paul Pakula. Comezou a súa carreira en Hollywood como axudante no departamento de animación en Warner Brothers. En 1957 levou a cabo a súa primeira produción para Paramount Pictures e en 1962 produciu To Kill a Mockingbird, que lle valeu unha candidatura ao Oscar ao mellor filme.

O seu primeiro filme como director foi The Sterile Cuckoo (1969), con Liza Minnelli. Nos seguintes anos logrou éxitos con filmes coma Klute, Tódolos homes do presidente ou Sophie's Choice.

Pakula faleceu en 1995 nun accidente de tráfico na Long Island Expressway: un condutor diante del golpeou un tubo metálico que atravesou o parabrisas de Pakula dándolle na cabeza e causando que saíse da estrada cara a un valo, falecendo instantaneamente.

Filmografía AnoTítulo1969The Sterile Cuckoo1971Klute1973Love and Pain and the Whole Damn Thing1974The Parallax View1976Tódolos homes do presidente1978Comes a Horseman1979Starting Over1981Rollover1982Sophie's Choice1986Dream Lover1987Orphans1989See You in the Morning1990 Presunto inocente1992Consenting Adults1993O informe pelicano1997The Devil's Own

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alan J Pakula – Daily Telegraph (obituario) Ensaio "The Pakula Parallax" Documentos de Alan J. Pakula, Margaret Herrick Library, Academy of Motion Picture Arts and Sciences

Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados no Bronx Categoría:Nados en 1928 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Finados en accidente de tráfico