miniatura|dereita|ARN polimerase T7 (azul) producindo o ARNm (azul claro) a partir dun molde de ADN bicatenario (laranxa). A ARN polimerase T7 (T7 RNA polymerase) é unha ARN polimerase do bacteriófago T7, que cataliza a formación de ARN en dirección 5'→ 3'.
Actividade A polimerase T7 é extremadamente específica para o seu promotor e transcribe só o ADN que está augas abaixo do promotor T7. A polimerase T7 tamén require un molde de ADN e o ión Mg2+ como cofactor para a síntese de ARN. Ten unha taxa de erro moi baixa. A polimerase T7 ten un peso molecular de 99 kDa. Consta dunha soa subunidade e non precisa cofactores proteicos.Kochetkov SN, Rusakova EE, Tunitskaya VL. Recent studies of T7 RNA polymerase mechanism. FEBS Lett. 1998 Dec 4;440(3):264-7. PMID 9872383
Estrutura A polimerase T7 foi cristalizada en varias formas e as estruturas poden consultarse na base de datos PDB. As diferentes estruturas son as listadas aquí. Estes explican como a polimerase T7 se une ao ADN e o transcribe.
Proteínas relacionadas Membros relacionados desta familia de encimas son as polimerases do fago T3 e SP6, pero esta familia está tamén relacionada coa ARN polimerase mitocondrial. A familia T7 de ARN polimerases é distinta estrutural e evolutivamente da familia de multisubunidades das ARN polimerases (incluíndo as subfamilias bacterianas e eucariotas). En contraste coas ARN polimerases bacterianas, as polimerases T7 non son inhibidas polo antibiótico rifampicina. Non obstante, compártense moitas características funcionais con estes encimas máis complexos.
Aplicación En aplicacións biotecnolóxicas, a ARN polimerase T7 utilízase frecuentemente para transcribir o ADN que foi clonado en vectores que teñen dous promotores de fagos diferentes (por exemplo, T7 e T3, ou T7 e SP6) en orientación oposta. O ARN pode ser selectivamente sintetizado a partir da febra do ADN inserido coas diferentes polimerases. Utilízase para obter transcritos específicos e estudar a transcrición. O encima é estimulado pola espermidina. O ARN monocatenario etiquetado homoxeneamente pode xerarse con este sistema. Os transcritos poden ser etiquetados non radioactivamente con actividade altamente específica con certos nucleótidos etiquetados.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
- nótese que a actividade nuclease da que se informa aquí é un artefacto.
Ligazóns externas T7 RNA Polymerase Enzymology OpenWetWare
Categoría:Encimas