300px|miniatura|VLC media player O VLC media player (inicialmente VideoLAN Client) é un reprodutor de medios do proxecto VideoLAN. Admite moitos códecs de son e vídeo, así coma diferentes tipos de ficheiros, ademais dos formatos de DVD, VCD e varios protocolos de transmisión. Tamén pode ser usado coma un servidor de fluxo en unicast ou multicast, en IPv4 ou IPv6 , nunha rede de alta largura de banda. O programa usa a biblioteca do códec libavcodec do proxecto FFmpeg para manexar os moitos formatos que admite, e emprega a biblioteca de descifraxe DVD libdvdcss para poder reproduci-los DVD cifrados.
É un dos reprodutores máis independentes, en canto a plataforma se refire, con versións para Linux, Microsoft Windows, Mac OS X, BeOS, BSD, Pocket PC e Solaris.
En Windows, Linux, e algunhas outras plataformas, o VLC inclúe unha extensión Mozilla/Firefox, que permite ver algúns ficheiros Quicktime e Windows Media incrustados nas webs sen ter que usar produtos de Microsoft ou Apple.
Da versión 0.8.2 en diante, o VLC vén cunha extensión ActiveX, que permite ver algúns ficheiros QuickTime e Windows Media incrustados nas webs, cando se navega co Internet Explorer.
O VLC media player pódese usar coma unha aplicación portable.
Véxase tamén
Outros artigos Lista de reprodutores de medios Comparación de reprodutores de medios
Ligazóns externas Páxina principal do proxecto VLC (tradución en galego) Foros de VideoLAN Listaxe de formatos admitidos Páxina de axuda de VideoLan
Categoría:Reprodutores multimedia