miniatura|300px|Fotografía dun dos platós de televisión Antena 3. Na fotografía, un dos entrevistados é Victor-Viorel Ponta, o actual primeiro ministro de Romanía. Novembro de 2014.
Antena 3 é unha canle de televisión de Romanía, con sede en Bucarest. A súa programación está baseada en noticias e eventos actuais. Antena 3 tamén se distribúe en Serbia no paquete de lingua adicional romanesa da plataforma DTH Digi TV.
Historia Foi lanzado o 27 de xuño de 2005 e forma parte do Intact Media Group. A partir de 2006, a canle de televisión permitiulles aos usuarios asistir en directo o sinal en vivo a través da súa páxina web oficial. O seu sitio web recibe unha media de 50.000 visitantes por día, sendo un dos sitios romaneses de noticias máis visitados, só por detrás de Realitatea TV.
Antena 3 ten constante rivalidade co outro grande estación de noticias romanesa, Realitatea TV, propiedade de Elan Schwartzenberg.
Trátase dunha estación de noticias e entrevistas, e está deseñada en semellanza á BBC World ou a CNN.com, pero nunha escala moito máis reducida.
Antena 3 é un dos cinco canles de televisión romaneses que teñen emiten en directo cada hora, os sete días da semana e todo o ano.
As súas emisións Amais de ser unha canle de noticias, a Antena 3, ten emitido unha serie de programas tales como:
Știrile de dimineață con Nadina Câmpean e Marius Ioniță Previziunile zilei con Sabina Iosub Se întâmplă în România con Maria Coman Esențial con Alina Petrescu 100 de minute con Alessandra Stoicescu La ordinea zilei con Dana Grecu e Radu Tudor Panorama con Oana Stănciulescu Subiectiv con Răzvan Dumitrescu Sinteza zilei con Mihai Gâdea În Gura Presei con Mircea Badea Punctul de întâlnire con Radu Tudor În premieră con Carmen Avram
Véxase tamén Ligazóns externas www.antena3.ro Páxina web oficial
Categoría:Cultura de Romanía Categoría:Cadeas de televisión da Unión Europea