San Pedro de Ferreiroa é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Agolada. Segundo o IGE en 2013 tiña 591 habitantes (275 homes e 286 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 684 habitantes. Na parroquia está situada a vila de Agolada, capital do concello e sede da Banda Municipal de Agolada.

Patrimonio A igrexa de San Pedro de Ferreiroa data do ano 1030, foi modificada posteriormente, a fachada e canzorros son do século XIII, e o campanario do XVI. Nela destaca a súa virxe sedente. Pendellos da feira de Agolada.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Ferreiroa

Parroquias de Agolada

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Agolada Galería de imaxes da igrexa de San Pedro de Ferreiroa

Categoría:Parroquias de Agolada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro