Ronald "Ron" Harper, nado o 20 de xaneiro de 1964 en Dayton, Ohio, é un ex xogador profesional estadounidense de baloncesto que xogou para os Cleveland Cavaliers, Los Angeles Clippers, Chicago Bulls e Los Angeles Lakers, conseguindo un total de cinco aneis de campión, tres cos Bulls e dous cos Lakers, nas súas dezaseis temporadas como profesional. Entre 2005 e 2007 traballou como adestrador asistente dos Detroit Pistons.
Traxectoria Universidade Ron Harper cumpriu o seu ciclo de catro anos universitarios no equipo da Universidade de Miami (Ohio), onde obtivo unhas destacábeis estatísticas de 19,8 puntos, 9,3 rebotes e 2,8 asistencias de media por partido.
Profesional Foi elixido no Draft da NBA de 1986 por Cleveland Cavaliers na oitava posición da primeira rolda. No seu primeiro ano como profesional fixo unha media de 22,9 puntos por partido, sendo incluído no mellor quinteto de rookies da competición. Despois de tres tempadas foi traspasado a Los Angeles Clippers, onde xogou 5 tempadas a un gran nivel. Xa con 31 anos recalou en Chicago Bulls, onde se converteu no recambio perfecto para dar minutos de descanso á súa gran figura, Michael Jordan. Na cidade do vento gañou os seus tres primeiros aneis de campión da NBA nos 5 anos que permaneceu alí.
En 1999 decidiu seguir os pasos do que fora o seu adestrador en Chicago, Phil Jackson e fichou por Los Angeles Lakers. Aínda que xa contaba con 36 anos rendeu a un gran nivel. Na cidade californiana gañou outros dous aneis de campión en senllas campañas, retirándose do baloncesto en activo ao finalizar a tempada 2000-2001. Así, os cinco aneis de campión que posúe gañounos co mesmo adestrador.
Equipos Cleveland Cavaliers (1986-1989) Los Angeles Clippers (1989-1994) Chicago Bulls (1994-1999) Los Angeles Lakers (1999-2001)
Logros Cinco veces Campión da NBA (1996–1998, 2000–2001). Primeiro Equipo Rookie da NBA (1987). Xogador do Ano da Mid-American Conference da NCAA (1985–1986).
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial Estatísticas de Ron Harper
Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Bases de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Nados en 1964 Categoría:Nados no condado de Montgomery, Ohio