John Sherwood de Lancie, Jr., nado en Filadelfia (Pensilvania) o 20 de marzo de 1948, é un actor, director, guionista, educador, cómico e actor de voz estadounidense. É recoñecido polo seu papel de Q en varias series de Star Trek (1987–), comezando con Star Trek: The Next Generation. Outros papeis televisivos salientables inclúen Eugene Bradford en Days of Our Lives (1982–1986; 1989–1990), Frank Simmons en Stargate SG-1 (2001–2002) e Donald Margolis en Breaking Bad (2009–2010). Tamén pon a voz de Discord en My Little Pony: Friendship Is Magic (2010–).

Tamén actuou en varios audiodramas baseados en historias clásicas de ciencia ficción, producidos por Alien Voices, unha empresa que fundou xunto ó actor Leonard Nimoy.

Traxectoria De Lancie naceu co nome John Sherwood de Lancie, Jr. en Filadelfia, Pensilvania o 20 de marzo de 1948, sendo un dos dous fillos de John Sherwood de Lancie, Sr. (1921–2002), óboe principal da Orquestra de Filadelfia dende 1954 a 1977, e Andrea de Lancie. Ten unha irmá chamada Christina.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Actores de Pensilvania Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Filadelfia, Pensilvania