North Utah Satellite, máis coñecido pola abreviatura Nusat ou Nusat 1, foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 29 de abril de 1985 mediante o transbordador espacial Challenger desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral. O seu obxectivo principal era avaliar un método para medir os sistemas de radar secundario da Axencia Federal de Aviación.
Características Nusat 1 foi un proxecto conxunto entre a Universidade do Estado en Weber e a Universidade do Estado de Utah para construír un novo tipo de satélites pequenos, simples e de baixo custo. Nusat 1 foi usado como método para avaliar os feixes dos sistemas de radar secundarios da Axencia Federal de Aviación.
O satélite tiña unha masa de 54,5 kg e foi lanzado desde a baía de carga do transbordador especial. Reentrou na atmosfera o 15 de decembro de 1986, tras 20 meses en órbita
Notas
Categoría:Satélites artificiais