San Breixo de Barro é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Barro. Segundo o INE en 2016 tiña 612 habitantes (312 mulleres e 300 homes), 32 menos ca en 2004. Ten sete entidades de poboación.
Patrimonio A igrexa parroquial de San Breixo está situada en Cangrallo. Ten planta rectangular, co corpo posterior máis elevado. O campanario central ten dous corpos, con base mensulada e cúpula octogonal nervada. En outubro celébrase a romaría de San Breixo de Barro.
O peto de ánimas de Porráns é aberto, sen protección, de pedra, tiña un retablo policromado, pero na actualidade só conserva restos de cor ocre. O caixón de esmolas tamén desapareceu, quedando só o oco. Preside o conxunto unha figura de Cristo acompañado de San Francisco á dereita e da Virxe do Carme á esquerda. Suxéitaos unha corda, á cal se acollen cinco almas para librarse do lume que as atormenta.
Lugares e parroquias Lugares de Barro
Parroquias de Barro
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Barro
Categoría:Parroquias de Barro Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Breixo