Didelphis virginiana é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos.
É o único marsupial de Norteamérica que vive ao norte do río Bravo.
Os seus antepasados evolucionaron en Suramérica, pero facilitoulle a invasión de América do Norte a formación do istmo centroamericano, durante o grande intercambio americano, hai tres millóns de anos.
Características
Trátase dun animal nocturno e solitario, do tamaño dun gato doméstico, sendo, por tanto a sarigüeia máis grande. Exitoso oportunista, con frecuencia pode verse nas vilas saqueando contedores de lixo, ou no pavimento das rúas como vítima de atropelo en accidentes de tráfico.Virginia Opossum en Mass. Audubon.
Comportamento Didelphis virginiana é un animal de hábitos nocturnos. Cando se sente ameazada, expulsa un forte cheiro e faise a morta.
Taxonomía A especie foi descrita en 1792 polo médico, naturalista, escritor e tradutor escocés Robert Kerr, que a publicou no número 193 na revista Linnaeus, Anim. Kingdom.`Didelphis virginiana en Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World.
Ao longo do tempo foi coñecida, ademais, polos seguintes sinónimos: Didelphis breviceps Didelphis marsupialis virginiana Didelphis californica Didelphis yucatanensis
e, ademais, distinguíronse as seguintes subespecies:
Didelphis virginiana boreoamericana Didelphis virginiana breviceps Didelphis virginiana cozumelae Didelphis virginiana illinensium Didelphis virginiana pilosissima Didelphis virginiana pruinosa Didelphis virginiana texensis Didelphis virginiana woapink
Nomenclatura O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".
O específico, virginiana, do topónimo Virginia, (Virxinia, territorio dos Estados Unidos).
Subespecies Na actualidade, a comunidade científica recoñece tan só as seguintes:
Especie Didelphis virginiana D. v. virginiana D. v. californica D. v. pigra D. v. yucatanensis
Distribución xeográfica miniatura|280px|Mapa de distribución (en amarelo). Distribúese ao longo de gran parte da América do Norte, desde o océano Atlántico ao Pacífico. Introduciuse en California en 1910.
Hoxe en día chega até o sur do Canadá, e parece que aínda se está estendendo cara ao norte.
A súa área de distribución abarca o extremo suroriental do Canadá, a metade oriental e a costa occidental dos Estados Unidos, México (salvo o extremo noroccidental), Belize, Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica.
Esta sarigüeia non era orixinalmente nativa dos oeste dos Estados Unidos. Foi intencionadamente introducida no oeste durante a gran depresión, probabelmente como unha fonte de alimento.William J. Krause & Winifred A. Krause (2006): The Opossum: Its Amazing Story. Columbia, Missouri: University of Missour. ISBN 0-9785-9990-X, p. 23.
Estado de conservación A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, a que a súa presenza é común e xeneralizada en toda a súa área de dispersión, a que se adapta moi ben ás paisaxes modificadas polo ser humano. Aínda que a esta sarigüeia é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, a especie non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos. De feito, a súa área de dispersión parece que está aumentando.Didelphis virginiana na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2014.3
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1. Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8. Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World 2 vols. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EUA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Didélfidos Didelfinos Sarigüeias
Ligazóns externas Didelphis virginiana en ADW. Virginia Opossum en Mass. Audubon .
Categoría:Marsupiais Categoría:Fauna de América do Norte Categoría:Fauna de América Central Categoría:Animais descritos en 1792