Didelphis marsupialis é unha especie de mamífero marsupial didelfimorfo da familia dos didélfidos,`Didelphis virginiana en Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World. propia do sueste de Norteamérica (sueste de México), toda a América Central e o norte de Suramérica.
Taxonomía A especie foi descrita por vez primeira por Linneo en 1758, na páxina 54 do primeiro volume da 10ª edición do seu Systema Naturae.
Subespecies Segundo Mammal Species of the World, e o Catalogue o Life,Didelphis marsupialis Linnaeus, 1758 en Species 2000 - ITIS - Catalogue of Life: 21st April 2015. na actualidade recoñécense as seguintes dúas subespecies: Especie Didelphis marsupialis Linnaeus, 1758 Subespeie Didelphis marsupialis caucae J. A. Allen, 1900 Subespecie Didelphis marsupialis marsupialis Linnaeus, 1758
Etimoloxías O nome xenérico, Didelphis, deriva do grego antigo: do elemento δí- dí-, de δύο dýo, "dous", e o termo δελφυς dělphys, "útero", "matriz".
O específico, marsupialis, pola súa banda, deriva do adxectivo do latín científico marsūpialis, tirado do substantivo do latín clásico marsūpium, -ii, "a bolsa do diñeiro" en alusión ao marsupio propio destes animais.
Características e comportamento É unha das especies máis grandes do xénero Didelphis (aínda que algo menor que Didelphis virginiana), xa que pode chegar a medir entre 45 e 60 cm de lonxitude, e pode pesar máis de 20 kg.
Trátase dun animal xeneralista, con hábitos alimenticios de tipo omnívoro. Aliméntase principalmente de aves, sendo a súa presa máis común a galiña.
Distribución A especie distribúese polo centro, leste e sueste de México, por toda a América Central (incluídas as Antillas), algúns países andinos (Colombia, Ecuador, Perú e Bolivia), Venezuela, Güiana e o noroeste do Brasil.
Estado de conservación A UICN, cualificou en 2008 o estado da especie como LC (pouco preocupante) debido, entre outras razóns, á súa ampla área de distribución, á súa presumibelmente gran poboación, á súa tolerancia ás modificacións do seu hábitat e a que está presente en numerosa zonas protexidas.Brito, D.; Astua de Moraes, D.; Lew, D.; Soriano, P.; Emmons, L.; Cuarón, A. D.; Helgen, K.; Reid, R. & Vazquez, E. [asesores] (2008): Didelphis marsupialis na Lista vermella de especeies ameazadas da UICN. Versión 2014.3
Aínda que esta especie é cazada e atrapada con garamelos nalgunhas localidades para consumir como alimento, como actividade deportiva ou para protexer ás aves de curral, non semella que fora afectada adversamente polos asentamentos humanos.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Gould, Edwin; McKay, George & Kirshner, David (1988): Encyclopedia of mammals. San Diego, CA, USA: Academic Press. ISBN 978-0-1229-3670-1. Grzimek, B.; Schlager, N. e Olendorf, D. (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. e Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 978-0-231-11013-8. Wilson & Reeder (eds.) (2005): Mammal Species of the World 2 vols. 3ª ed. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Didélfidos Didelfinos Didelphis
Ligazóns externas Didelphis marsupialis en ADW Didelphis marsupialis en North American Mammals. Smithsonian. National Museum of Natural Historia
Categoría:Fauna de América do Sur Categoría:Fauna de América Central Categoría:Marsupiais Categoría:Animais descritos en 1758 Categoría:Taxons descritos por Linné