Avedis Pedro XIV Arpiarean (en , Awetis Petros ŽD. Arp’iarean), nado o 13 de abril de 1856 en Eğin (Imperio Otomán) e finado o 26 de outubro de 1937 en Bsumar (Líbano), foi o 14º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 9 de outubro de 1931 até o seu pasamento.
Traxectoria Naceu en Eğin, actual cidade turca de Kemaliye. En marzo de 1884 foi ordenado sacerdote e o 23 de setembro de 1890 foi nomeado bispo de Harput. Recibiu a ordenación episcopal en novembro de mans do patriarca Estevo Pedro X.
O 29 de abril de 1898 foi nomeado arcebispo auxiliar do patriarcado de Cilicia, e arcebispo titular de Anazarbus. O 27 de agosto de 1911 foi nomeado arcebispo de Marasc, e o 25 de xuño de 1928 foi novamente trasladado como arcebispo auxiliar á curia patriarcal. O 9 de outubro de 1931 foi elixido patriarca de Cilicia, cargo no que permaneceu até o seu pasamento en Bsumar (Líbano), o 26 de outubro de 1937.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en Catholic-Hierarchy.org
Categoría:Patriarcas de Cilicia Categoría:Nados en 1856 Categoría:Nados na provincia de Erzincan Categoría:Finados en 1937 Categoría:Bispos católicos de Turquía