Katie Rebecca White, nada en Lowton o 18 de xaneiro de 1983, é unha artista musical inglesa membro do dúo The Ting Tings. Despois de conseguir éxito co grupo punk TKO, o seu pai, David White, introduciu a Jules De Martino para que escribise cancións para TKO. Katie e Jules formaron The Ting Tings no 2007.
Traxectoria Katie White criouse nunha granxa de Lowton co seu pai David White, a súa nai Lynne e a súa irmá Helena. Cando tiña 12 anos, o avó de Katie, Ken White, gañou £6,6 milllóns na Lotería Nacional do Reino Unido, e deulle a cada un dos seus tres fillos, David, Stephen e Richard, £1millón. David usou a súa parte dos cartos para crear unha empresa de xestión musical.
Notas
Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Nados no Gran Manchester Categoría:Nados en 1983