Maximilian Raoul Walter Steiner, nado en Viena (Austria) o 10 de maio de 1888 e finado en Hollywood (California) o 28 de decembro de 1971 foi un compositor cinematográfico austríaco nacionalizado estadounidense, coñecido como Max Steiner.

Traxectoria Steiner naceu en Viena, onde se formou musicalmente, estudando na academia musical vienesa con persoeiros como Gustav Mahler. Axiña se ligou á opereta vienesa, creando grandes composicións e sendo recoñecido publicamente. Por mor da primeira guerra mundial tivo que trasladarse aos Estados Unidos, onde comezou a traballar en Broadway, tamén cun rápido éxito. Trala orquestración de Rio Rita foi chamado por Hollywood, co fin de adaptar a súa obra. Comezou na RKO, mais o seu éxito coa banda sonora de King Kong (1933) xunto coa súa amizade con David O. Selznick fíxolle abandonar a produtora, pois necesitaba unha compañía máis potente que puidese soportar o volume e nivel de traballo que era capaz de desenvolver. Entrou na Warner Bros., na que chegou a ser directivo ata a súa morte.

Compuxo a banda sonora de máis de trescentos filmes, entre os que destaca Foise co vento (1939), filme que supuxo o fin do sinfonismo clásico. Nel chegan a crearse dezaseis leitmotivs, que soan cada vez que aparecen as personaxes ou mesmo cando se fala deles.

Filmografía

The Bondman (1929) (sen acreditar) Rio Rita (1929) (sen acreditar) The Case of Sergeant Grischa (1930) (sen acreditar) Dixiana (1930) (orquestrador) Cimarron (1931) Friends and Lovers (1931) Kept Husbands (1931) Traveling Husbands (1931) O prezo de Hollywood (1932) Ave do paraíso (1932) The Most Dangerous Game (1932) A Bill of Divorcement (1932) Thirteen Women (1932) The Half-Naked Truth (1932) The Animal Kingdom (1932) Secrets of the French Police (1932) Symphony of Six Million (1932) Christopher Strong (1933) Rafter Romance (1933) Headline Shooter (1933) King Kong (1933) Son of Kong (1933) Little Women (1933) Morning Glory (1933) Flying Down to Rio (1933) A patrulla perdida (1934) Of Human Bondage (1934) The Fountain (1934) The Age of Innocence (1934) The Gay Divorcee (1934) Anne of Green Gables (1934) The Little Minister (1934) Roberta (1935) O delator (1935) She (1935) Top Hat (1935) The Three Musketeers (1935) Follow the Fleet (1936) Little Lord Fauntleroy (1936) The Garden of Allah (1936) A carga da brigada lixeira (1936) Naceu unha estrela (1937) Kid Galahad (1937) Nothing Sacred (1937) con Oscar Levant e Alfred Newman Snow White and the Seven Dwarfs (1937) (sen acreditar) That Certain Woman (1937) The Life of Émile Zola (1937) Tovarich (1937) (primeiro uso da fanfarria da Warner Bros., composta por Steiner) Gold is Where You Find It (1938) The Adventures of Tom Sawyer (1938) Jezebel (1938) Crime School (1938) Four Daughters (1938) The Sisters (1938) Angels with Dirty Faces (1938) The Dawn Patrol (1938) The Oklahoma Kid (1939) Dodge City (1939) Dark Victory (1939) Confessions of a Nazi Spy (1939) The Old Maid (1939) The Wizard of Oz (1939) (substituído por Herbert Stothart) Foise co vento (1939) Virginia City (1940) All This, and Heaven Too (1940) The Letter (1940) O camiño de Santa Fe (1940) City for Conquest (1940) Shining Victory (1941) Morreron coas botas postas (1941) Sergeant York (1941) Casablanca (1942) A estraña pasaxeira (1942) Captains of the Clouds (1942) The Conspirators (1944) Since You Went Away (1944) The Adventures of Mark Twain (1944) Arsenic and Old Lace (1944) Mildred Pierce (1945) Rhapsody in Blue (con Ray Heindorf, 1945) A Stolen Life (1946) The Big Sleep (1946) Night and Day (con Ray Heindorf, 1946) The Beast with Five Fingers (1946) The Unfaithful (1947) Life with Father (1947) My Wild Irish Rose (con Ray Heindorf, 1947) The Treasure of the Sierra Madre (1948) Key Largo (1948) Winter Meeting (1948) Johnny Belinda (1948) The Lady Takes a Sailor (1949) White Heat (1949) Beyond the Forest (1949) The Fountainhead (1949) O falcón e a frecha (1950) Rocky Mountain (1950) The Glass Menagerie (1950) Jim Thorpe -- All-American (1951) Operation Pacific (1951) The Miracle of Our Lady of Fatima (1952) The Jazz Singer (con Ray Heindorf, 1953) So Big (1953) A carga dos xinetes indios (1953) O motín do Caine (1954) King Richard and the Crusaders (1954) Battle Cry (1955) The Last Command (1955) Helen of Troy (1956) Centauros do deserto (1956) Death of a Scoundrel (1956) Band of Angels (1957) A Summer Place (1959) The FBI Story (1959) The Dark at the Top of the Stairs (1960) Ice Palace (1960) Parrish (1961) Susan Slade (1961) Rome Adventure (1962) Spencer's Mountain (1963) Youngblood Hawke (1964) Unha trompeta distante (1964) Two on a Guillotine (1965) Those Calloways (1965)

Véxase tamén Ligazóns externas

Max Steiner en Score Magacine

Categoría:Músicos de Austria Categoría:Músicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Viena Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1971