Este Autorretrato (en italiano, Autoritratto) é un dos debuxos máis coñecidos do pintor italiano Leonardo da Vinci. Foi pintado en torno ao ano 1513 e atópase na Biblioteca Real de Turín. Está realizado en xiz vermella e mide 33 centímetros de alto e 21,6 cm. de ancho.

Descrición da obra Leonardo realizaba todos os seus debuxos, incluso os esbozos, coidando cada detalle. Se se obsérvase atentamente o debuxo, cáese na conta de que cada cabelo, cada pelo da barba, están realizados con enorme precisión, aínda que o rostro non estea acabado; falta de feito a parte superior da fronte e parte da barba pero produce a impresión de verse.

Este autorretrato, máis que ser fiel como unha fotografía, é unha interpretación que Leonardo dá ao seu propio rostro, xogando sobre a base de xogos de luces e sensacións.

Este debuxo ten unha historia realmente sorprendente ás súas costas: á morte de Leonardo, caeu nas mans de Francesco Melzi o seu fiel colaborador que herdara todos os manuscritos e os debuxos, e á morte deste último, toda a colección dispersouse entre os fillos de Melzi e este retrato foi cedido, vendido, etcétera, e non se soubo máis del. Reapareceu a principios do século XIX en Milán. A confirmación vén do feito do que fora copiado e reproducido nunha gravación para un libro, e desaparece novamente ata 1840, cando un coleccionista que o comprou quizais en Inglaterra ou en Francia, vendeuno a Carlos Alberte de Savoia, xunto a debuxos doutros grandes artistas como Rafael Sanzio e Michelangelo. Desde entón permanece na Biblioteca Real de Turín.

Identificación Aínda que a maioría dos estudosos o consideraran o único autorretrato seguro do Xenio e na Biblioteca Real continúan considerándoo como tal na exposición Dis. It. 1/30, a identificación do home representando o propio Leonardo non é seguro hoxe en día. Mentres o leonardista americano Louis A. Waldman identifica ao home retratado como o tío de Leonardo, Francesco da Vinci, outros identificano con Ser Piero da Vinci ou cunha figura idealizada dun ensaio do pasado, como Pitágoras ou Demóstenes.

Véxase tamén

Outros artigos Leonardo da Vinci Cadros de Leonardo da Vinci Ligazóns externas Leonardo da Vinci: anatomical drawings from the Royal Library, Windsor Castle, Catálogo da exposición totalmente en liña do Metropolitan Museum of Art, en PDF, que contén información sobre o Autoretrato (ver índice)

Categoría:Obras pictóricas de Leonardo da Vinci Categoría:Pintura do Renacemento Categoría:Obras pictóricas de 1513