Smoke City foi un grupo musical inglés que mesturaba acid jazz e trip hop, alén de ritmos brasileiros como a samba e a bossa nova. É coñecido polo sinxelo "Underwater Love", que foi un grande éxito en 1997, despois de que fose empregado no anuncio de televisión de Levi's "Mermaids" (dirixido por Michel Gondry). En 1997, o grupo lanzou o seu primeiro álbum de estudio, Flying Away, que incluía os éxitos "Underwater Love", "Mr. Gorgeous (e Miss Curvaceous)" e "Águas de Março (Joga Bossa Mix)". O seu seguinte e derradeiro álbum, Heroes of Nature, lanzouse no 2001.
Discografía Álbums Flying Away (1997) Heroes of Nature (2001)
Sinxelos "Underwater Love" (1997) "Mr. Gorgeous (and Miss Curvaceous)" (1997) "Águas de Março" (1998) "With You" (1998)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Fotos do grupo en concerto
Categoría:Grupos musicais de música electrónica Categoría:Grupos musicais de trip hop Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:Grupos musicais separados en 2002