Vítor IV, nado en Tívoli en 1095 e finado en Lucca o 20 de abril de 1164, foi antipapa da Igrexa católica de Roma, entre 1159 e 1164. Traxectoria Nado co nome de Octaviano: Ottaviano Crescenzi Ottaviani dei Monticelli en Tívoli, designado para suceder a Anacleto II. Morreu en Lucca o 20 de abril de 1164.
Foi sacerdote cardeal de Santa Cecilia antes de ser elixido como antipapa polos xibelinos en 1159, seguindo á morte do papa Hadrián IV e da elección de Alexandre III. A súa elección foi apoiada polo emperador Frederico I Barbarroxa.
Foi descrito por Xoán de Salisbury como elocuente e refinado, pero mesquiño e parsimonioso. Ao ser enviado co cardeal Xordán de Santa Susana como legado papal para convocar a Conrado III de Alemaña a Italia para ser coroado Sacro Emperador Romano, involucrouse nun altercado co seu co-legado e, nas palabras de Salisbury, «tomou a chacota á igrexa».Norwich, 149–150 e nota.
Referencias
Véxase tamén Bibliografía Norwich, John Julius. The Kingdom in the Sun 1130–1194. Londres: Longmans, 1970.
Categoría:Antipapas Categoría:Nados na provincia de Roma Categoría:Nados en 1095 Categoría:Finados en 1164