A Fundación Rosalía de Castro é unha institución cultural galega, constituída o 15 de novembro de 1947 por Xosé Mosquera Pérez (O Vello dos Contos) no Hotel Compostela de Santiago de Compostela baixo o nome Patronato Rosalía de Castro que se converteu en Fundación Rosalía de Castro nun acto celebrado no Colexio de Fonseca da mesma cidade o 29 de decembro de 1995. Os seus estatutos foron legalizados pola Xunta de Galicia en decembro de 1997 e renovados en 2008 (en vigor desde 2009).

En 2015 réxese por unha Presidencia elixida polo Padroado entre os seus membros. O Padroado é o órgano de goberno, representación e administración da Fundación e está composto por quince membros institucionais e por personalidades da cultura que teñan especial vínculo coa obra de Rosalía de Castro. O Padroado designa un Presidente, un Vicepresidente, un Secretario e un Tesoureiro de entre os seus membros. Designará tamén unha Comisión Executiva que se compón pola Presidencia, pola Vicepresidencia, pola Secretaría, pola Tesouraría e por catro vogalías (sendo unha delas a Dirección do Centro de Estudos Rosalianos) cuxas funcións son: a xestión ordinaria dos asuntos da Fundación, a adopción de Acordos por razón de urxencia dando ulterior conta ao Padroado e as funcións que este delegue.

Nos seus 67 anos de historia contou con nove presidentes que foron —cronoloxicamente citados—: Luís Iglesias Iglesias, Juan Gil Armada, Xosé Mosquera Pérez, Octavio Sanmartín Domínguez, Agustín Sixto Seco, Carlos Baliñas Fernández (en funcións tras a morte de Sixto Seco), Helena Villar Janeiro, Ana Blanco Gómez (durante dous meses tras a dimisión de Villar Janeiro) e Anxo Angueira, que a dirixe a maio de 2015.

Este organismo naceu coa vontade de restaurar a casa na que vivira Rosalía de Castro nos seus derradeiros anos e de a converter nunha casa museo (e sostela posteriormente), coidar do Panteón de Galegos Ilustres e difundir e promover a cultura galega.

Entre as súas finalidades están: fomentar o coñecemento e a conservación da memoria de Rosalía, de Manuel Murguía e dos seus fillos; a promoción do estudo, da edición e da divulgación da vida e obra de Rosalía, da Galicia do seu tempo e da súa influencia posterior; conservar o conxunto da Casa-Museo de Rosalía, conservar e incrementar o patrimonio rosaliano (mobles, pertenzas, recordos persoais de Rosalía etc.) dispoñéndoo do mellor xeito para que poida ser contemplado e estudado, coidar do Mausoleo de Rosalía sito no Panteón de Galegos Ilustres (Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago) e máis da campa que albergou antes o seu corpo no cemiterio de Adina en Iria Flavia (Padrón, A Coruña); celebrar actos, cando menos, nas dúas datas rosalianas (24 de febreiro e 15 de xullo) ademais da celebración da Misa Votiva do 25 de xullo —acto que se viña celebrando desde 1932 e desde 1969 en lingua galega converténdose no único acto público en que se consentían o galego, as reivindicacións galeguistas e a presenza de políticos disidentes durante a ditadura franquista— e da Ofrenda Floral no Panteón de Galegos Ilustres ante a tumba da poetisa e fomentar e difundir a lingua e a cultura galegas.

No ano 2015 estaba representada no Pleno do Consello da Cultura Galega e na Asociación de Casas-Museo e Fundacións de Escritores (ACAMFE).

Ten a súa sede na Casa da Matanza (antigamente coñecida como Horta da PazGarcía Domínguez 1999: p. 113), en Padrón (A Coruña).

Creación miniatura|dereita|200px|Primeira páxina do Libro de Actas do Patronato Rosalía de Castro. No ano 1946, saíu á venda a Casa da Matanza por 100 000 pesetas. Nese momento, Xosé Mosquera Pérez, xornalista de Unión Radio Galicia na década de 1930 e redactor de La Noche, coñeceu a noticia por medio de Xesús Rey-Alvite e, xunto con Manuel Beiras e Camilo Agrasar foron a Padrón para negociar coa dona da casaGarcía Domínguez 1999: pp. 115-116. Non obstante, descubriron que non tiñan medios suficientes para comprala. Así pois, Mosquera decidiu pedirlle axuda económica ao seu amigo José Villar Granjel e contoulle a intención que tiña de adquirir a casa para a converter nun símbolo de galeguidade e para fundar un Padroado composto por galegos ilustres que conservasen a casa e a memoria de Rosalía.

Así foi como o 15 de novembro de 1947 Xosé Mosquera convocou en Santiago un grupo de antigos galeguistas (Ramón Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Luís Iglesias Iglesias, Fermín Bouza-Brey, Paulino Pedret, Felipe Cordero Carrete, Aquilino Iglesia Alvariño, Manuel Beiras García, Xaime Isla Couto, Antón Fraguas e Xesús Ferro Couselo) e constituíron o Padroado Rosalía de Castro co propósito de facerse cargo do inmoble e de transformar a casa nun verdadeiro museo rosaliano, con biblioteca especializada, aberto ao público.

Tan só dúas semanas despois, faleceu José Villar Granjel e legou a súa metade da casa ao Padroado. Xosé Mosquera, pola súa banda, estaba gravemente endebedado co pago da súa metade da casa, débeda que pagou o Centro Galego de Bos Aires, conseguindo así que toda a casa fose propiedade do PadroadoGarcía Domínguez 1999: p. 117. Como agradecemento colocóuselle unha placa ao lado do Mausoleo de Rosalía no Panteón de Galegos Ilustres.

Historia

De 1949 a 1970: das presidencias de Luís Iglesias a Octavio Sanmartín A inscrición legal e a constitución da xunta de goberno do Padroado formalizáronse durante a presidencia de Luís Iglesias ao tempo que se lle deu realce á Misa Votiva por Rosalía cada 25 de xullo en Santiago. Foron asignándose diferentes cargos directivos a diferentes composteláns para que levasen o Padroado desde alí. Así, aparecían ligadas á casa personaxes como Pura Lorenzana, Xesús Carro, Chamoso Lamas, Xosé Landeira Yrago, Raimundo García Domínguez (Borobó) ou Ramón PiñeiroGarcía Domínguez 1999: pp. 117-119. O 10 de setembro de 1950 produciuse a primeira e única visita da derradeira descendente de Rosalía, a súa filla Gala Murguía de Castro (1871-1964), coa intención de que describise a casa en tempo da súa nai para preservar a casa igual que en 1885García Domínguez 1999: pp. 122-125.

O 26 de abril de 1951 comezou a presidencia o marqués de Figueiroa, Juan Gil Armada. Neste tempo realizouse unha restauración de urxencia na casa de Rosalía dirixida por Manuel Gómez RománRey Lama 1999: p. 23. Un ano despois, o 24 de xullo de 1952, o Padroado recibiu simbolicamente, nun acto celebrado no Concello de Padrón, a chave da Casa de mans do seu alcalde. Porén, neste tempo a vida da casa comezou a decaer e as visitas á casa eran levadas a cabo por Camilo Agrasar, barbeiro da vila de Padrón e grande amante da figura de RosalíaRey Lama 1999: p. 24; ademais dun dos impulsores do nacemento do Padroado. As relacións cos Centros Galegos de Hispanoamérica tamén foron promovidas nestes anos.

Xosé Mosquera Pérez, un dos fundadores do Padroado, asumiu a presidencia tras a dimisión do marqués de Figueiroa en 1961 mais o seu estado de saúde non lle permitiu levar a cabo todas as súas ambicións en torno á casa de Rosalía. Faleceu en 1965.

Entre 1965 e 1970 ocupou a presidencia Octavio Sanmartín Domínguez. Durante o seu mandato o Padroado adoptou oficialmente a lingua galega posibilitando que a Misa Votiva pasase a ser oficiada nesa lingua. Con todo, Octavio Sanmartín non foi capaz de realizar toda a actividade que planeara por cuestións de saúde, polo que decidiu pasar os poderes a unha nova xunta.

Desde 1970: o nacemento e vida da Casa-Museo

1970-2004: Agustín Sixto Seco

Rememorando a constitución orixinal do Padroado, o 29 de decembro de 1970 Agustín Sixto Seco inaugurou a nova xunta de goberno no salón artesoado de Fonseca en Santiago de Compostela. Con el comezou unha nova etapa da historia do Padroado (e da futura Fundación).

En febreiro de 1971 comezaron as obras de restauración da casa de Rosalía da man do arquitecto Andrés Fernández-Albalat grazas a unha subscrición popular iniciada por La Voz de GaliciaRey Lama 1999: pp. 27-33.

Poucos meses despois, o 15 de xullo de 1971, a Casa da Matanza foi aberta ao público. Por petición de Sixto Seco, esta quedou ao coidado de Maruxa Villanueva, Custodia da Casa a partir dese mesmo ano e Mestresa a partir de 1972Dourado Deira 2009: p. 52 quen viviría nunha vivenda contigua á Casa desde 1974 ata a súa morte en novembro de 1998. Neste acto izáronse por primeira vez as bandeiras de España e de Galicia ante as principais autoridades civís, militares e académicas de Galicia.

Un ano máis tarde, o 15 de xullo de 1972, inaugurouse a Casa Museo de Rosalía baixo a dirección de Xosé Filgueira Valverde. Colocouse tamén unha placa de pedra á entrada do xardín nas catro linguas do Estado (galego, catalán, vasco e castelán) cos días e coas horas de visita da Casa-Museo de Rosalía.

A partir da década de 1970, grazas á apertura política, o Padroado baleirouse de todas as connotacións políticas nacionalistas, especialmente da de refuxio do galeguismo.

Dous anos despois da inauguración da Casa-Museo esta foi declarada Monumento Nacional por Xoán Carlos de Bordón, naquel entón Príncipe de España, acabando co perigo de que o trazado da AP-9 pasase pola horta. Isto significaba que se protexería toda a súa contorna mais o certo é que non foi así, xa que a aldea quedou desfigurada e perdéronse as vistas a Padrón e ao río Sar.

En 1975 un grupo de activistas culturais e escritores galegos por iniciativa do presidente do Padroado, Agustín Sixto Seco, acordan espallar por vilas e cidades de Galicia o espírito da Casa-Museo de Rosalía, sendo en Vilagarcía de Arousa onde se inaugura esta primeira delegación baixo a presidencia do profesor, escritor e galeguista Manuel Trigo Díaz que desenvolve toda unha serie de actividades, ata o seu pasamento en 1992, arredor da obra e figura de Rosalía e que convoca por vez primeira o Premio Medalla de Ouro do Padroado que se lle concede ese ano ao poeta galego Xavier Rodríguez Barrio.

Con motivo do centenario da morte de Rosalía, en 1985 inaugurouse un Auditorio dunha capacidade aproximada de 150 persoas que funcionaba como un salón de actos onde se realizaban diversos actos culturais tanto da Fundación como de quen o solicitaseRey Lama 1999: p. 39.

En 1995 recibiu a Medalla de Prata de Galicia polos seus méritos ao servizo de Galicia. Pese a iso, co paso dos anos, a Casa comezou a presentar unha serie de problemas e carencias que convertían a Casa da Matanza nun auténtico caos. Debido a isto en 1997, con motivo do 25 aniversario da inauguración da Casa-Museo e do cincuentenario da Fundación fíxose unha remodelación xeral que se alongou durante tres anos con pequenos reaxustesRey Lama 1999: pp. 36-38.

Tamén en 1997 acordouse a creación do Centro de Estudos Rosalianos (CER) co propósito de estudar e de difundir a obra rosaliana por todo o mundo desde a propia sede da Fundación seguindo o artigo 6 —especialmente o punto primeiro— dos estatutos:

O 15 de xullo de 1999 inaugurouse o CER baixo a dirección de Xesús Alonso Montero.

Coa chegada do 2002 a Fundación entrou nunha grave crise que a levou a reducir o seu programa "ao mínimo" a consecuencia das escasas subvencións que recibía en comparación á veciña Fundación Camilo José Cela; unha crise da que tardou moito en saír.

Agustín Sixto Seco finou o 30 de decembro de 2004 deixando un baleiro na presidencia que ocupou Carlos Baliñas, en funcións mentres non se escollese a un novo presidente.

2004-2012: Helena Villar Janeiro miniatura|esquerda|200px|Helena Villar Janeiro.

Helena Villar Janeiro foi elixida presidenta da Fundación e tomou posesión do cargo o 3 de agosto de 2005 con varios proxectos en mente, entre eles a creación dunha aula pedagóxica e a remodelación do Museo. A partir deste momento promovéronse diversas actividades culturais, exposicións, concursos, a Ruta rosalianaRey Lama 1999: pp. 51-53 etc. para promover a vida e a obra de Rosalía.