Thermus thermophilus é unha especie de bacteria gramnegativa do filo Deinococcus-Thermus usada en diversas aplicacións biotecnolóxicas, como organismo modelo para a manipulación xenética, xenómica estrutural, e bioloxía de sistemas. É un bacilo aeróbico que contén un pigmento amarelo. A bacteria é extremadamente termófila, cunha temperatura óptima de crecemento duns 65 °C. T. thermophilus foi illada orixinalmente nunha fonte termal continental en Izu, Xapón por Tairo Oshima e Kazutomo Imahori. Inicialmente fora denominada Flavobacterium thermophilum e despois foi transferida ao xénero Thermus. O organismo tamén é importante na degradación de materiais orgánicos na fase termoxénica da compostaxe. Existen varias cepas de T. thermophilus, das cales as máis utilizadas nos laboratorios son a HB8 e a HB27. As análises xenómicas destas cepas completáronse independentemente en 2004.

Aplicacións biotecnolóxicas dos seus encimas A rTth ADN polimerase é unha ADN polimerase termoestable derivada de Thermus thermophilus, cunha actividade óptima a 70-80 °C, usada nalgunhas aplicacións da PCR. Este encima posúe unha eficiente actividade de transcriptase inversa en presenza de manganeso.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Xenoma de Thermus thermophilus HB27. Xenoma de Thermus thermophilus HB8. Bioloxía estrutural de Thermus thermophilus HB8. Illamento de cepas de Thermus de compost quente (60 °C-80 °C) Base de datos do Whole Cell Project de Thermus thermophilus HB8

Categoría:Organismos modelo Categoría:Extremófilos Categoría:Deinococcus-Thermus