David Macaire, nado o 20 de outubro de 1969 en Nanterre, é un dominicano católico latino francés, arcebispo de Fort-de-France e Saint-Pierre (Martinica) dende o 7 de marzo de 2015.

Traxectoria Cursou a educación primaria e secundaria no colexio dos dominicanos de Notre-Dame de Délivrande en Morne-Rouge entre 1972 e 1984, e no Liceo Schœlcher de Fort-de-France entre 1984 e 1987.

En 1994 ingresou no noviciado da provincia de Tolosa da Orde dos Predicadores, onde profesou o 17 de setembro de 1995. Posteriormente estudou Filosofía en Bordeos e Teoloxía en Tolosa, facendo a profesión solemne en 1998. O 23 de xuño de 2001 foi ordenado sacerdote por Jean-Louis Bruguès, bispo de Angers.

Exerceu o seu ministerio na arquidiocese de Bordeos até 2011, cando ingresou no convento dos dominicanos de Sainte-Baume como prior, e reitor da basílica de Santa María Madalena de Saint-Maximin-la-Sainte-Baume. A partir de 2012, foi tamén exorcista da diocese de Fréjus-Toulon.

O 7 de marzo de 2015 o papa Francisco nomeouno arcebispo metropolitano de Fort-de-France e Saint-Pierre, en Martinica. Recibiu a consagración episcopal o 12 de abril, de mans do cardeal Chibly Langlois.

Obra

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na páxina web do episcopado francés Ficha en Catholic-Hierarchy.org

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados no departamento dos Altos do Sena Categoría:Dominicanos de Francia Categoría:Arcebispos católicos de Francia Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina