Willem Jacobus Eijk, nado o 22 de xuño de 1953 en Duivendrecht (Países Baixos), é un eclesiástico católico latino holandés, cardeal, e arcebispo de Utrecht dende o 11 de decembro de 2007.

Traxectoria Foi ordenado sacerdote da diocese de Roermond o 1 de xuño de 1985 polo seu bispo Joannes Gijsen.

O 17 de xullo de 1999 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo de Groninga. Recibiu a consagración episcopal o 6 de novembro, de mans do arcebispo de Utrecht Adrianus Johannes Simonis.

O 11 de decembro de 2007 o papa Bieito XVI nomeouno arcebispo metropolitano de Utrecht. No consistorio do 18 de febreiro de 2012, o mesmo papa creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Callisto.

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Nados en Holanda Setentrional Categoría:Arcebispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos dos Países Baixos Categoría:Cardeais creados por Bieito XVI Categoría:Cardeais dos Países Baixos Categoría:Membros da Congregación para o Clero