Kiryl Klimovič<ref>Tamén Cyryl Klimowicz.</ref> (en ; adaptado ao ), nado en Amangeldi (distrito de Eñbekşiqazaq, rexión de Almatı, R.S.S. de Kazakhstán) o 5 de novembro de 1952 é un eclesiástico católico latino belaruso, bispo de Irkutsk dende 2003. Traxectoria Naceu en Amangeldi, na R.S.S. de Kazakhstán, o 5 de novembro de 1952, nunha familia belarusa, que en 1956 volveu á R.S.S. de Belarús, e que posteriormente emigrou á República Popular de Polonia.
Logo da escola secundaria, ingresou en 1974 no seminario maior en Olsztyn. O 8 de xuño de 1980 foi ordenado sacerdote polo bispo de Warmia Józef Glemp, e exerceu durante dez anos o seu ministerio en Polonia.
En xullo de 1990 pasou a ser reitor de Hlybokaje, en Belarús. O 13 de outubro de 1999 o papa Xoán Paulo II nomeouno bispo auxiliar da arquidiocese de Minsk-Mahilioŭ e bispo titular de Arban''. Recibiu a consagración episcopal o 4 de decembro de 1999 de mans do cardeal Kazimierz Świątek.
O 17 de abril de 2003 o mesmo papa nomeouno bispo de Irkutsk.
Notas
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Kazakhstán Categoría:Bispos católicos de Kazakhstán Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Bispos católicos de Rusia Categoría:Bispos da Igrexa católica latina Categoría:Bispos católicos do século XXI