Cándido Hermida é unha empresa galega da madeira xurdida en 1984 en Valdoviño, actualmente ten a súa sede no Polígono industrial Río do Pozo, Narón.

As orixes da empresa están nun pequeno obradoiro de carpintaría artesán. En 1991 a empresa comezou a traballar para Inditex. A empresa ten feito traballos para marcas como Guess, Loewe, Michael Korrs, Bimba y Lola, Mango ou a xoiaría Tiffany. A empresa fai mobles de deseño por encargo e mobiliario para iates.

Historia Cándido Hermida, nado en 1939 en Ferreira (San Sadurniño). Traballou de labrego ata os 17 anos que marchou a Ferrol onde traballou de carpinteiro ata que pechou a empresa, tiña entón 45 anos. Aos 15 días fíxose autónomo e comezou a traballar de contratista en obras. En 1991 Inditex fíxolle un pedido de mostradores para as tendas. No primeiro ano traballando para Inditex venderon 80 millóns de pesetas. En 2017 a empresa vende 58 millóns de euros, e con Inditex entre 31 e 32.Cándido Hermida: «Llevaba ocho años trabajando para Inditex y no conocía a Amancio Ortega» lavozdegalicia.es

A empresa ten certificacións ISO 9001, ISO 14001, OHSAS 18001 e FSC.

Estrutura O grupo Cándido Hermida está formado por: Induca, carpintaría e ebanistería Juca, construción Inmega, carpintaría metálica Innaval, sector naval Loira, instalacións comerciais

Principais traballos miniatura|Cándido Hermida en Loira, Valdoviño. Tendas para Carolina Herrera, Michael Kors, Purificación García, Bimba y Lola. Habitacións das cadeas de hoteis Westin, AC e Intercontinental.El carpintero de Amancio Ortega que ha conquistado a la familia real saudí elconfidencial.com Mobiliario das principais tendas de Inditex. 10 vagóns do AVE á Meca para a familia real saudita. Salóns do transatlántico Harmony of the Seas. Mobiliario para iates de luxo do estaleiro Sunseeker. Museo Nacional de Qatar, en Doha. Al Noor Island, complexo turístico en Sharjah (Emiratos Árabes).

Accidente laboral En 2016 morreu un traballador da empresa Castiñeira de la Fuente ao caer dende o tellado da nave de Cándido Hermida, en Loira cando estaba a realizar tarefas de mantemento.Los compañeros del aprendiz fallecido no sabían que había subido a la cubierta de la nave lavozdegalicia.es

Recoñecementos Insignia de ouro da patronal Iniciativa Empresarial do Noroeste (IEN), 2016.ALBERTO NÚÑEZ FEIJOO ENTREGARÁ LA INSIGNIA DE ORO DEL IEN POR EUROPA A CANDIDO HERMIDA

Notas

Categoría:Empresas de Galicia Categoría:Narón Categoría:Valdoviño Categoría:Inditex