San Mamede de Corvillón é unha parroquia que se localiza no norte do concello pontevedrés de Cambados na comarca do Salnés. Segundo datos do IGE, tiña 2.441 habitantes no ano 2025, dos que 1.257 eran mulleres e 1.184 homes, o que representa un aumento respecto ós anos 2016, cando tiña 2.342 veciños, 2010, cando eran 2.210.
A parroquia está atravesada pola estrada PO-549 que une Cambados con Vilagarcía de Arousa, e mais polo corredor de alta capacidade VG-4.3. É unha parroquia costeira, da que os seus accidentes máis importantes son a punta de Tragove e numerosos illotes de reducidas dimensións. Bañan o territorio regatos pequenos.
Lugares e parroquias Lugares de Corvillón
Parroquias de Cambados
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cambados
Categoría:Parroquias de Cambados Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Amedio