Sousse ou Soussa (en árabe: سوسة Sūsa‎; en bérber: Susa) é unha cidade de Tunisia, capital da gobernación de Sousse. Sitúase a 140 km da capital do país, Tunes. Sousse fica no parte leste-central do país, no Golfo de Hammamet, no mar Mediterráneo. A súa economía baséase na produción de aceite de oliva, téxtil, comida preparada e turismo. É a sede da Université de Sousse. Economía Turismo Sousse é un importante resort turístico. Os complexos hoteleiros teñen unha capacidade de 40,000 camas, esténdese a 20 km ó norte da cidade vella (Medina) no paseo marítimo de Porto El-Kantaoui.

Está a 20 km do aeroporto internacional de Monastir. As praias de area fina están rodeadas por hortas e olivares. Ten un clima mediterráneo, con veráns calorosos e secos e invernos húmidos, cálidos e suaves. A situación xunto ao mar modera o clima, polo que é un resort turístico todo o ano.

Cálculase de media que 1.200.000 visitantes acoden cada ano a gozar dos seus hoteis, restaurantes, discotecas, casinos, praias e instalacións deportivas. Estatísticas Poboación: 200,000 habitantes (2003) Altitude: 2m Humidade: 69% Nº Hospitais: 15 (privados e públicos) Temperaturas: Min.: 19.7 °C Máx.:29.1 Cidades irmandadas Kocaeli, Turquía Constantine, Alxeria Braunschweig, Alemaña Ljubljana, Eslovenia Marrakech, Marrocos Miami, Estados Unidos Van Nuys, Estados Unidos Quebec, Canadá Esmirna, Turquía Latakia, Siria San Petersburgo, Rusia Serpukhov, Rusia

Notas

Categoría:Cidades de Tunisia