Andrew John "Andy" Partridge, nado o 11 de novembro de 1953 en Mtarfa, Malta, é un cantante, letrista e guitarrista inglés membro fundador da banda de pop/new wave, XTC.

Traxectoria Ademais do seu traballo con XTC, Partridge gravou un álbum con Virgin Records en 1980,Take Away/the Lure of Salvage. Tamén editou demos das súas cancións baixo o seu propio nome na serie de oito álbums The Official Fuzzy Warbles Collector's Album e en Fuzzy Warbles con APE House. Colaborou con artistas como Martin Newell, co que gravou e produciu un álbum en 1993 co título de The Greatest Living Englishmanou entre outros conPeter Blegvad, Harold Budd, Jamie Cullum, Stephen Duffy, Terry Hall, The Heads, Charlotte Hatherley, Robyn Hitchcock, Jen Olive, The Residents, Thomas Dolby, David Yazbek, Miles Kane, The Nines, Pugwash e Meat Beat Manifesto. En 2010, Partridge lanzou un CD en edición limitada con música inspirada polo ilustrador de ciencia ficción Richard M. Powers titulado Powers. En 2012, Partridge traballou con Mike Keneally no álbum Wing Beat Fantastic."Wing Beat Fantastic"

Partridge foi produtor da banda inglesa Blur durante a gravación de Modern Life Is Rubbish, aínda que despois substituíuno Stephen Street por insistencia do selo musical, Food, segundo Partridge non lle pagaron polas sesións e só tivo gastos.http://popdose.com/the-popdose-interview-andy-partridge/ Partridge tamén escribiu catro cancións para a versión de Disney' de James and the Giant Peach, non obstante Randy Newman substituíuno ao non chegar finalmente a un acordo aceptable. En 2004, Partridge escribiu "I Wonder Why the Wonder Falls" como o tema musical para comedia de televisión Wonderfalls. Radio e televisión Partridge participou regularmente en BBC Radio 1 a mediados da década de 1980, salientando o carácter de "Agony Andy", unha parodia no programa de Janice Long, e tamén contribuíu con sketches en Saturday Live e Studio B15, e estivo no elenco regular de Roundtable e The Great Rock'n'Roll Trivia Quiz, e presentou o piloto dun concurso infantil na ITV, Matchmakers. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista de son con Andy Partridge no podcast Sodajerker On Songwriting Rundgren Radio online Entrevista con Andy Partridge 2008 Entrevista de son (abril 2009) en BBC Wiltshire Andy Partridge en RPM BBC West TV

Categoría:Nados en 1953 Categoría:Cantantes de Inglaterra Categoría:Letristas Categoría:Guitarristas de Inglaterra Categoría:Personalidades da radio do Reino Unido