Marea de Vigo foi un movemento político creado na cidade de Vigo o 12 de setembro de 2014, que se presentou ás eleccións municipais do 25 de maio de 2015.

Historia A candidatura presentouse oficialmente o 18 de marzo do 2015 despois dun proceso de primarias e saíu Rubén Pérez, membro de Esquerda Unida, como o candidato da Marea. A candidatura foi apoiada por Esquerda Unida e Anova, que conseguiron tres escanos no concello de Vigo, mais non foi apoiada nin por Podemos, nin por Equo ou Piratas de Galicia, pois estes dous últimos presentáronse nunha lista con Vigo en común.

Nas eleccións de 2019 conseguiron dous escanos no concello de Vigo. Un para o líder da coalición, Rubén Pérez e outro para a poeta Oriana Méndez, membro de Anova-Irmandade Nacionalista.

Nas eleccións de 2023 quedaron fóra do concello de Vigo ao non chegar ao limiar mínimo do 5% requirido para obter representación na corporación municipal.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Forzas políticas de Galicia Categoría:Vigo