miniatura|dereita|Mike Rockenfeller, Mika Häkkinen e Bruno Spengler nunha carreira en Oschersleben no ano 2007. O Deutsche Tourenwagen Masters (abreviadamente DTM) é un campionato automobilística de turismos que se disputa en Alemaña dende o ano 1984 como Deutsche Tourenwagen Meiterschaft e dende o ano 2000 como o nome actual. Os coches que corren nesta competición son automóbiles de turismo con carrocerías semellantes ás dun coche convencional, peros con formas aerodinámicas para poder alcanzar os 300 km/h.

O DTM é unha das competicións de turismos máis importantes do mundo e un dos campionatos automobilísticos internacionais máis populares, logo da Fórmula 1 e da NASCAR. Neste campionato corren ou correron estrelas propias como Bernd Schneider, Timo Scheider ou Mattias Ekström e antigos pilotos da Fórmula 1 como Mika Häkkinen, Ralf Schumacher ou David Coultard.

Historia miniatura|dereita|Unha carreira de abril do 2008 en Hockenheimring. Deutsche Tourenwagen Meiterschaft O Deutsche Tourenwagen Meiterschaft foi a competición orixinal do DTM, e disputouse entre os anos 1984 e 1996. Comezou disputándose con equipos privados e coas regras da Federación Internacional do Automóbil. O éxito en Alemaña foi moi grande e polo tanto moitas maracas nacionais como Mercedes-Benz, Opel, BMW, Alfa Romeo e Audi empezaron a competir no campionato con equipos oficiais. A competición quixo medrar demais e por iso rematou terminando estrepitosamente. Os orzamentos, os dereitos de televisión e as entradas ás carreiras cada vez subían máis. As carreiras non só se corrían en Alemaña; tamén comezaron a disputarse grandes premios noutros países coma o Brasil, o Xapón ou Finlandia e a competición adaptou o nome de Campionato Internacional de Turismos (ITC). Esta decisión fixo que os custos subiran de maneiras desorbitadas e que por esta razón Alfa Romeo, BMW e Opel deixaran de correr na competición facendo que Mercedes-Benz quedara soa e que o ITC desaparecera no ano 1997.

Deutsche Tourenwagen Masters Logo duns anos sen DTM, os directores deportivos de Mercedes-Benz, Audi e Opel reuníronse no 1998 e no 1999 co fin de refacer o DTM como unha competición tecnolóxica, divertida e de custos razonábeis.

O novo DTM empezou a correrse no ano 2000 e converteuse na serie de turismos máis importante a nivel mundial. Actualmente, os automóbiles desta competición contan con motores V8 de 4.0 litros e cunha potencia máxima de 480 CV. Cada piloto conta só con dous motores por campaña, o cal reduce os custos de competición en moito diñeiro.

Opel abandonou o campionato no 2005. BMW regresou ao DTM na temporada 2012. Na actualidade, o DTM dispútano automóbliles de tres marcas: Mercedes-Benz, BMW e Audi.

Na tempada 2017 o campionato sufriu as súas últimas modificacións. O número de pilotos do DTM rebaixouse de 24 a 18. Ademais, as dúas carreiras da fin de semana pasaron a ser dunha distancia de 55 minutos máis unha volta completa.

Circuítos

Campións right|thumb|Bernd Schneider é o piloto con máis campionatos da DTM. 5:1995, 2000, 2001, 2003 e 2006.

Campións do Deutsche Tourenwagen Meiterschaft Ano Piloto Automóbil1984 Volker Strycek BMW 635 CSi1985 Per Stureson Volvo 240 Turbo1986 Kurt Thiim Rover Vitesse1987 Eric van den Poele BMW M31988 Klaus Ludwig Ford Sierra1989 Roberto Ravaglia BMW M31990 Hans-Joachim Stuck Audi V8 Quattro1991 Frank Biela Audi V8 Quattro1992 Klaus Ludwig Mercedes-Benz 1901993 Nicola Larini Alfa Romeo 1551994 Klaus Ludwig Mercedes-Benz Clase C1995 Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase C1996 Manuel Reuter Opel Calibra

Campións do Deutsche Tourenwagen Masters Ano Piloto Automóbil2000 Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase CLK2001 Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase CLK2002 Laurent Aïello Audi TT2003 Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase CLK2004 Mattias Ekström Audi A42005 20px|border Gary Paffet Mercedes-Benz Clase C2006 Bernd Schneider Mercedes-Benz Clase C2007 Mattias Ekström Audi A42008 Timo Scheider Audi A42009 Timo Scheider Audi A42010 20px|border Paul di Resta Mercedes-Benz Clase C2011 Martin Tomczyk Audi A42012 Bruno Spengler BMW M32013 Mike Rockenfeller Audi A52014 Marco Wittmann BMW M42015 Pascal Wehrlein Mercedes-Benz Clase C2016 Marco Wittmann BMW M42017 René Rast Audi RS52018 || Disputándose

Véxase tamén Ligazóns externas Web oficial do DTM Web oficial de Mercedes-Benz Motorsport Web oficial de BMW Motorsport Web oficial de Audi Motorsport