As carbonatitas son rochas ígneas extrusivas ou intrusivas definidas por ter máis do 50% da súa masa constituída por minerais tipo carbonato.Bell, Keith (ed.) 1989 Carbonatites: Genesis and Evolution, Londres, Unwin Hyman

Atópanse asociadas a corpos básicos e ultrabásicos que aparecen relacionados coas kimberlitas e lamproítas. Comparten coas kimberlitas características xenéticas aínda que non haxa explicación das relacións entre ambos os dous depósitos.

Teñen carbonatos como calcita ou dolomita, e ademais teñen apatita, circón e diversas terras raras.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Fotos de lava natrocarbonatita Descrición da carbonatita do Monte Weld

Categoría:Rochas ígneas