Caenolestes fuligionosus é unha especie de mamífero marsupial da orde dos paucituberculados, familia dos cenoléstidos e xénero Caenolestes,Gardner, A. L.(2005): Order Paucituberculata. En: Wilson, D. E. & Reeder, D. M., eds. Mammal Species of the World. 3 ed. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0, pp. 19–20.

É a máis coñecida das seis especies sobreviventes da orde dos paucituberculados (sarigüeias rato).

Hábitat e distribución A especie habita nos bosques alpinos e en praderías dos Andes, no norte o e o oeste do Ecuador e de Colombia, e o noroeste de Venezuela.

En Colombia encóntrase desde os 2.000 até os 3.800 m de altitude, e no Ecuador desde os 1.600 aos 4.000 m.Patterson, B.; Gomez-Laverde, M. & Delgado, C., asesores (2008): Caenolestes fuligionosus na Lista vermella de especies ameazadas da UICN.

É un animal terrícola, aínda que pode agatuñar os troncos das árbores.

Ameazas Caenolestes fuligionosus non sofre ameazas importantes. Porén, nalgunhas localidades, nas praderías do seu hábitat, ten que competir co pastoreo do gando.

Subespecies A especie Caenolestes fuligionosus foi descrita por primeira vez en 1863 polo zoólogo inglés Robert Fisher Tomes, no seu traballo "Notice of a new American form of marsupial", publicado nas páxinas 50–51 da revista Proc. Zool. Soc. Lond.

Recoñécense na actualidade a tres subespecies seguintes: Caenolestes fuliginosus centralis Bublitz, 1987. Caenolestes fuliginosus fuliginosus Tomes, 1863.En: Proc. Zool. Soc. Lond., 1863, 51: pp. 50–51. Caenolestes fuliginosus obscurus Thomas, 1895.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Wilson, D. E. & Reeder D. M., editors (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed). Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 1-800-537-5487.

Outros artigos Cenoléstidos Caenolestes

Ligazóns externas Caenolestes fuliginosus en Animal Diversity Web . Consultada o 16 de maio de 2015.

Categoría:Marsupiais Categoría:Mamíferos de Colombia Categoría:Mamíferos de Ecuador Categoría:Animais descritos en 1863