Niveoscincus metallicusNRDB species Niveoscincus metallicus é unha especie de esgonzo da familia Scincidae. É endémico de Australia, onde lle chaman, entre outros nomes, esgonzo metálico ou esgonzo frío metálico (metallic skink, metallic cool-skink). Encóntrase concretamente no sur de Victoria, e en Tasmania, onde é o saurio máis común, que aparece tamén en moitas illas do estreito de Bass. Pare as súas crías e vive en zonas de vexetación esclerófila. É moi variable en canto ás súas características e pode ser, en realidade, un complexo de especies estreitamente relacionadas. Cogger, H.G. (1979). Reptiles and Amphibians of Australia. Reed: Sydney. ISBN 0-589-50108-9

Notas

Categoría:Scincidae Categoría:Animais descritos en 1874