Paul Chabanaud, nado en Versalles en 1876 e finado o 27 de febreiro de 1959, foi un zoólogo francés, especializado en ictioloxía.
Traxectoria Chabanaud estudou no liceo de Tours e acabou o bacharelato en Poitiers en 1897. Despois dedicouse ás ciencias naturais, estudando na Sorbona con Yves Delage e Gaston Bonnier. Doutorouse en 1936.
Levou a cabo varias expedicións en Áfica occidental e en Indochina, onde estudou os réptiles, os anfibios e os peixes. Dedicou a maior parte da súa carreira ao estudo da anatomía e a sistemática dos peixes planos (orde dos pleuronectiformes). Foi un dos primeiros en facer un inventario da fauna ictiolóxca de Indochina.
Desde 1925 até a data da súa morte, en 1959, escribiu numerosas obras (165 not, artigos e libros, mais 6 artigos publicados postumamente) sobre os peixes planos, describindo, redescribindo e nomeando 73 especies,Publicacións de Chabanaud en Cybium . así como a familia dos escoftálmidos.Scophthalmidae Chabanaud, 1933 no WoRMS.
Notas
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1959 Categoría:Nados en Versalles