250px|miniatura|Lenda:
O chinés (chinés simplificado: 汉语 / chinés tradicional: 漢語 / Pinyin: Hànyǔ; 华语/華語 / Huáyǔ; ou 中文 / Zhōngwén) é a lingua (ou familia de linguas) falada na China, pertencente ao grupo sino-tibetano*David Crystal, The Cambridge Encyclopedia of Language (Cambridge: Cambridge University Press, 1987) , p. 312. “A falta de intelixibilidade mutua das variantes é o principal fundamento para referirse a elas como linguas separadas.” Charles N. Li, Sandra A. Thompson. Mandarin Chinese: A Functional Reference Grammar (1989), p 2. “A familia de linguas chinesas clasifícase xeneticamente como unha rama independente da familia de linguas sino-tibetana.” Jerry Norman. Chinese (1988), p.1. “Os dialectos modernos do chinés son en realidade máis ben unha familia de linguas.. Aínda que se tende a considerar o chinés como unha única lingua, principalmente debido ao feito de que todos os seus falantes escriben igual (é dicir, que son mutuamente intelixibles a nivel escrito), o certo é que é un conxunto de linguas distintas, cuxos falantes non se entenden oralmente entre si. A principal e oficial na República da China é o mandarín estándar (Putonghua), baseado no dialecto de Pequín, aínda que a máis falada fóra da China é o cantonés (Yue).
Arredor dun quinto da poboación mundial, por riba de 1.000 millóns, falan algunha forma de chinés como lingua materna. De acordo cos novos informes de marzo de 2007, un 86% da xente na República Popular da China fala unha variante do chinés. O mesmo informe indica que o 53%, 700 millóns, poden comunicarse eficazmente en mandarín estándar (normalmente chamado "mandarín"), superando a calquera outra lingua do mundo.
Trátase dunha lingua tonal, isto é, na que un mesmo conxunto de fonemas ten distinto significado en función do ton no que se emite. O chinés escríbese con caracteres que nalgún caso son ideogramas pero máis comunmente representan pronuncias e composicións. Unha persoa escolarizada coñece uns 1.000 caracteres e unha culta uns 5.000. A escritura chinesa é a base das escrituras tradicionais coreana e xaponesa. O xaponés actual utiliza uns 2.000 kanji, caracteres chineses co mesmo significado pero distinta pronuncia.
Historia
A historia da lingua remóntase até hai uns 3 000 anos, época da que datan os primeiros documentos escritos en chinés. A lingua evolucionou dende unha hipotética protolingua sino-tibetana que ao longo do tempo deu lugar a diferentes variedades locais que son mutuamente inintelixíbeis. Por mor disto, os diversos gobernos centrais da China tentaron de xeito repetido impulsar un estándar unificado.
Orixes A meirande parte dos lingüistas clasifica as variedades do chinés como parte da familia de linguas sino-tibetanas xunto coa lingua birmana, as linguas tibetanas e outras faladas no Himalaia. Aínda que a relación entre estas linguas xa foi evidenciada a comezos do século XIX, a reconstrución da orixinaria lingua sino-tibetana está moito menos desenvolvida que no caso do indoeuropeo ou o austroasiático. Entre as principais dificultades destaca a enorme diversidade de linguas, a falta de flexión en moitas delas e os efectos do contacto entre linguas. Ademais, moitas das linguas con menos falantes fálanse en zonas montañosas de difícil acceso. Sen unha reconstrución fiábel da protolingua sino-tibetana, a estrutura principal da familia aínda segue sen estar clara.
Chinés antigo e medio Os exemplos máis antigos que se conservan de chinés son inscricións en ósos oraculares do ano -1250, coincidindo coa época da dinastía Shang. O chinés antigo foi a lingua da época da dinastía Zhou do Oeste (entre -1046 e -771), e consérvase nas inscricións chinesas en bronce, en Shijing, tamén en partes de Shujing e I Ching.
Diversos estudosos tentaron reconstruír a fonoloxía do chinés antigo comparando as variedades máis modernas de chinés coa rima de Shijing e cos elementos fonéticos que se atopan na meirande parte dos caracteres chineses.
A pesar de que moitos dos detalles quedan aínda por esclarecer, sábese que o chinés antigo difire do chinés medio na ausencia de consoantes obstruentes retroflexas e palatais, mais si amosa grupos consonánticos iniciais, así como nasais e líquidas xordas. As reconstrucións máis recentes tamén describen o chinés antigo como unha lingua atonal con grupos consonánticos ao final da sílaba, que evolucionou cara a unha lingua con distinción tonal no chinés medio. Tamén se puideron identificar diversos afixos derivativos, pero a lingua non era flexiva, polo que indicaba as relacións gramaticais empregando partículas gramaticais ou alterando a orde sintáctica.
O chinés medio foi a lingua empregada durante e época das Dinastías do Norte e do Sur e coas dinastías Sui, Tang e Song (entre os séculos VI e X). Pódense distinguir dúas etapas do chinés medio. A etapa máis temperá está reflectida no dicionario de rima Qieyun (do ano 601), mentres que a segunda etapa atópase recollida nas táboas de rima Yunjing, feitas por antigos filólogos chineses como guía para interpretar o sistem de Qieyun.
Estes traballos definen as categorías fonolóxicas, mais non se sabe con certeza os sons que representan. Os lingüistas identificaron algúns sons comparando as categorías con pronuncias das variedades modernas de chinés e préstamos do chinés noutras linguas, como o xaponés, o vietnamita e o coreano. O sistema resultante é moi complexo e cun número moi grande de consoantes e vogais, mais seguramente non se distinguían todas elas nun só dialecto, senón que representaba un diasistema que recollía os estándares do norte e o sur no século VI para poder ler os clásicos.
Auxe dos dialectos do norte Despois da caída da dinastía Song e durante o reinado das dinastías do norte Jin e Yuan, desenvolveuse unha nova fala (hoxe coñecida como mandarín antigo) baseada nos dialectos da Chaira do Norte da China arredor da capital. O Zhongyuan Yinyun (1324) foi un dicionario que codificou as convencións de ritmo do novo verso sanqu nesta lingua. Xunto co posterior Menggu Ziyun, este dicionario amosa que a lingua compartía numerosas características que se atopan nos dialectos de mandarín modernos.
Até mediados do século XX, a meirande parte da poboación do sur da China só falaba a súa lingua local. Por este motivo, durante a época da Dinastía Ming e da Dinastía Qing, os oficiais tiñan que encargarse da administración do imperio usando unha lingua común baseada nos dialectos do mandarín, coñecida como Guānhuà (官話, literalmente "lingua dos oficiais"). Durante este tempo, esta lingua foi usada como koiné e estaba baseada nos dialectos falados na zona de Nanjing, pero non se correspondía cun dialecto único e concreto. Cara a metade do século XIX, o dialecto de Pequín converteuse no dominante e foi esencial para calquera tipo de negocio nos tribunais imperiais.
Na década de 1930 adoptouse o chinés estándar como lingua nacional baixo o nome de Guóyǔ (国语/國語 "lingua nacional"). Despois de diversas disputas polas propostas das variedades do norte e do sur, finalmente a Comisión Nacional pola Unificación da Lingua impuxo o dialecto de Pequín en 1932. Trala fundación da República Popular da China en 1949, o estándar pasou a ser chamado pǔtōnghuà (普通话/普通話 "fala común"). A lingua nacional é hoxe en día usada na educación, os medios de comunicación e nas situacións formais tanto na China como en Taiwán. En Hong Kong e Macau, por mor da súa historia lingüística e colonial, a lingua da educación, os medios, as situacións formais e a vida diaria segue a ser o cantonés, aínda que a lingua estándar é moi influente e ensínase nas escolas.
Variedades O sinoloxista Jerry Norman estimou que existen centos de variedades inintelixíbeis de chinés. Esas variedades forman un continuo dialectal cuxas diferenzas medran a medida que aumenta a distancia entre elas. Xeralmente, as áreas montañosas do sur da China amosan unha diversidade lingüística meirande que na chaira do norte da China. Nalgunhas zonas do sur, o dialecto principal dunha cidade só é comprensíbel para os seus veciños máis próximos. Por exemplo, a cidade de Wuzhou atópase a 190 km río arriba de Guangzhou, pero a variedade de cantonés falada alí é máis semellante á de Guangzhou que á de Taishan, a 95 km ao suroeste de Guangzhou. En zonas da provincia de Fujian, as falas dos condados veciños ou mesmo vilas poden ser inintelixíbeis entre elas.
Até finais do século XX, os emigrantes chineses ao sur de Asia e América do Norte procedían das áreas costeiras do sur do país, onde se fala min, hakka e cantonés. A maioría dos inmigrantes chineses de América do Norte falan o dialecto de Taishan.
Clasificación miniatura|280px|As distintas linguas chinesas da China e Taiwán. Número de falantes nativos (incluíndo todos os países):
As variedades locais de chinés adóitanse clasificar en sete grupos dialectais de acordo coa diferente evolución dende o chinés medio: Mandarín, incluíndo o chinés estándar, o mandarín de Sichuan e a lingua dungan, falada en Asia Central. Wu, incluíndo o dialecto de Shanghai. Gan. Xiang Min, incluíndo o min dong, o fuzhou e o min nam (o hokkien, a lingua taiwanesa e o teochew) Hakka Yue, incluíndo o cantonés e o dialecto de Taishan.
A clasificación do lingüista Li Rong, que foi empregada no Language Atlas of China (1987), distingue outros tres grupos máis: Jin, anteriormente incluído no mandarín. Huizhou, anteriormente incluído no Wu. Pinghua, anteriormente incluído no Yue.
Algunhas variedades quedan aínda sen clasificar, entre as que se atopan o dialecto de Danzhou (falado en Danzhou na illa de Hainan), o Waxianghua (falado no oeste de Hunan) e o Shaozhou Tuhua (falado no norte de Guangdong).
Chinés estándar e diglosia O Putonghua ou Guoyu, máis coñecido como mandarín, é a lingua estándar oficial empregada na República Popular da China, Taiwán e Singapur (onde se coñece co nome de "Huayu" ou simplemente chinés). Está baseada no dialecto de Pequín, que é o dialecto de mandarín falado en Pequín. Os gobernos destes países pretenden que os falantes de tódalas variedades de chinés empreguen o mandarín como unha lingua común de comunicación, e por iso é empregado nos medios de comunicación, como lingua vehicular das escolas e nas axencias dos gobernos.
Na China continental e Taiwán a diglosia é frecuente. Por exemplo, ademais de falar mandarín, un residente de Shanghai tamén adoita ser quen de falar no dialecto de Shanghai da lingua wu; e se medrou noutro lugar mesmo podería falar o dialecto particular daquel lugar. Unha persoa de Guangzhou adoita poder falar cantonés e tamén mandarín. En Taiwán, a maioría da poboación fala taiwanés, hakka ou unha lingua austronesia ademais de mandarín. En Taiwán é habitual que a xente mesture pronunciacións, frases e palabras do mandarín coas doutras linguas da illa. Esta mestura considéranse algo normal en contextos informais ou familiares.
Escrita
A relación entre o chinés falado e o escrito é bastante complexa. As variedades do chinés foron evolucionando ao longo do tempo, mentres que a escrita cambiou moi pouco. A literatura chinesa clásica comezou no Período das Primaveras e Outonos, aínda que os exemplos máis antigos que se conservan de chinés son inscricións en ósos oraculares do ano -1250, coincidindo coa época da dinastía Shang.