Solea é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, que é o tipo da familia dos soleidos,Solea Quensel, 1806 no WoRMS. propios dos océanos Índico, Pacífico e Atlántico leste, e do mar Mediterráneo, coñecidos como linguados (ou linguados verdadeiros).
Taxonomía O xénero foi creado en 1806 polo naturalista sueco Conrad Quensel.
Sinónimo Ademais de por este nome, coñécese polo sinónimo: Microbuglossus Günther, 1862.
Etimoloxía Solea vén do termo latino solea, que era o nome que lle daban os romanos a unha certa especie de linguado, debido ao seu aspecto que recordaba a sola dunha sandalia (en latín clásico, solea, -ae).Online Etymology Dictionary.
Especies Na actualidade recoñécense neste xénero, segundo o WoRMS, as seguintes 10 especies:
Solea aegyptiaca Chabanaud, 1927 — linguado de Exipto.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 85. Solea capensis Gilchrist, 1902 Solea elongata F. Day, 1877 Solea heinii Steindachner, 1903 Solea indica Günther, 1862 Solea ovata J. Richardson, 1846 Solea senegalensis Kaup, 1858 — linguado do Senegal o linguado branco. Solea solea (Linnaeus, 1758) = Solea vulgaris Quensel, 1806 — linguado común Solea stanalandi J. E. Randall & McCarthy, 1989 Solea turbynei Gilchrist, 1904
Porén, algúns autores reducen o número de especies. Por exemplo, a EOL só admite catro: Solea aegyptiaca, S. ovata, S. senegalensis e S. solea.Solea na EOL. E en FishBase non se admite Solea indica, por ser unha especie dubidosa.Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Solea en FishBase E outros, non consideran esta, pero si a Solea fulvomarginata Gilchrist, 1904,Solea Quensel, 1806 no ITIS. que o WoRMS identifica con Barnardichthys fulvomarginata (Gilchrist, 1904).
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Muus, Bent J.; Jørgen G. Nielsen; Preben Dahlstrøm e Bente O. Nyström (1998): Peces de mar del Atlántico y del Mediterráneo. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-282-1161-2. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World''. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes
Ligazóns externas Solea na Encyclopedia of Life. Con imaxes e mapas de distribución Solea na ADW. Solea no NCBI.
Categoría:Pleuronectiformes