Johann Jakob Kaup, nado o 10 de abril de 1803 en Darmstadt, capital do Landgraviato de Hessen-Darmstadt, Sacro Imperio Romano-Xermánico (hoxe no Land de Hessen), e finado o 4 de xullo de 1873 na mesma cidade, foi un paleontólogo e naturalista alemán.

Traxectoria miniatura|250px|Pentagrama de Kaup que representa a estrutura da familia dos córvidos.

Estudou en Gotinga, en Heidelberg e, durante dous anos. en Leiden, cidade na que comezou a dedicarlle a súa atención aos anfibios a aos peixes. Logo regresou á súa cidade natal para traballar como asistente nun museo, onde, en 1840, sería o seu inspector.

En 1829 publicou Skizze zur Entwickelungsgeschichte der europäischen Thierwelt ("Bosquexo da historia do desenvolvemento da fauna europea"), obra na que describiu o mundo animal como unha entidade desenvolvida en escala de menor a maior, desde os anfibios, pasando polas aves até as aves de rapina. Pero posteriormente renegou a súa propia obra, considerándoa unha indiscreción propia da súa xuventude. Porén, tamén manifestouse en desacordo coas ideas expresadas por Charles Darwin na súa obra cumio, A orixe das especies.

Os grandes depósitos de fósiles que se encontraban nos arredores de Darmstadt déronlle a oportunidade para realizar estudos paleontolóxicos, cos que acadou unha considerábel reputación grazas á publicación da súa obra Beiträge zur näheren Kenntniss der urweltlichen Säugethiere (1855–1862). Tamén escribiu Classification der Säugethiere und Vögel (1844) e, xunto a Heinrich Georg Bronn, Die Gavial-artigen Reste aus dem Lias (1842–1844).

Faleceu na súa cidade natal, Darmstadt, o 4 de xullo de 1873.

Importancia na paleontoloxía Un incidente particularmente importante na historia da paleontoloxía involucra a Kaup. En 1854 comprou o mastodonte americano encontrado en 1799 no condado de Orange, estado de Nova York. Este foi o mastodonte que sería inmortalizado na pintura de Charles Willson Peale que representa a escavación de 1801 (a pintura foi realizada entre 1806 e 1808). Este animal estivo en exposición durante varios anos no Museo de Peale, e actualmente pode apreciarse en Darmstadt.George Gaylord Simpson and H. Tobien (1954): "The Rediscovery of Peale's Mastodon", Proceedings of the American Philosophical Society 98 (4). Este mastodonte é o primeiro exemplar completo que se encontroo nos Estados Unidos, e é o segundo animal fósil que se exhibiu en toda a historia.

Algunhas publicacións 1829 - Skizze zur Entwickelungsgeschichte der europäischen Thierwelt. 1832 - Neuen Jahrbuch für Mineralogie, Geognosie und Petrefaktenkunde. 1842-1844 - Die Gavial-artigen Reste aus dem Lias. (En colaboración con Heinrich Georg Bronn) 1844 - Classification der Säugethiere und Vögel. 1855-1862 - Beiträge zur näheren Kenntniss der urweltlichen Säugethiere.

Abreviatura A abreviatura Kaup emprégase para indicar a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Este artigo é unha obra derivada da edición de 1911 da Encyclopædia Britannica, dispoñíbel sen restricións coñecidas de dereito de autor. Esta obra derivada encóntrase dispoñíbel baixo as licenzas GNU Free Documentation License e Creative Commons Atribución-CompartirIgual 3.0 Unported.

Ligazóns externas Georg Heldmann Kaup, Johann Jakob. En: Neue Deutsche Biographie (NDB). Vol. 11, Duncker & Humblot, Berlin 1977, pp. 369 f.

Categoría:Científicos de Alemaña Categoría:Zoólogos de Alemaña Categoría:Nados en 1803 Categoría:Nados en Darmstadt Categoría:Finados en 1873 Categoría:Ornitólogos de Alemaña Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Giessen