O alur é unha lingua nilo-sahariana que se fala en Uganda e na República Democrática do Congo.

Distribución xeográfica Fálase nas rexións de Mahagi e no noroeste da rexión de Djalasiga do distrito de Ituri da provincia Oriental do Congo e no norte do Lago Alberte en Uganda.

Falantes 1 209 000 (2001) Congo: 750.000 Uganda: 459.000

Dialectos Jokot Jonam, é o dialecto que se fala no Congo, aínda que tamén ten falantes en Uganda. Mambisa Wanyoro

Usos sociais En Uganda úsase na radio e hai prensa en alur. En 1955 publicouse a Biblia en alur.

Véxase tamén Ligazóns externas O alur no Ethnologue Texto en alur

Categoría:Linguas nilo-saharianas Categoría:Linguas da República Democrática do Congo Categoría:Linguas de Uganda