"Diggi-Loo Diggi-Ley" é unha canción do grupo sueco Herrey's que gañou o Festival de Eurovisión 1984 representando a Suecia.
No festival celebrado en Luxemburgo, foi a canción interpretada no primeiro lugar. Ao final da votación recibía 145 puntos, sendo declarada gañadora. Foi un resultado sorprendente, xa que as destacadas para a vitoria nas apostas previas ó festival eran a canción italiana ("I treni di Tozeur", de Alice e Franco Battiato) e a irlandesa ("Terminal 3", de Linda Martin).
Herrey's gravaron tamén unha versión en inglés titulada Golden Shoes (zapatos dourados).
Posición nas listas Lista (1984)Posición 5 10 2 10 4
Versións A banda de heavy metal sueca Black Ingvars fixeron unha versión de "Diggi-Loo Diggi-Ley" no seu álbum de 1998 Schlager Metal. Meiju Suvas fixo unha versión en finés. A banda de bubblegum dance Small Talk fixeron unha versión en inglés no seu álbum de 2001 Eurovision. O cantante chipriota John Karayiannis lanzou Diggiloo Diggiley como segundo sinxelo após representar a Chipre no Festival de Eurovisión 2015.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Suecia no Festival de Eurovisión
Categoría:Cancións de Suecia en Eurovisión