O Instituto de Ensinanza Secundaria Pedro Floriani, tamén coñecido coma Floriani, é un centro de ensinanza secundaria e bacharelato pertencente á rede pública de institutos da Xunta de Galicia, situado en Redondela. Leva o nome do contratista italiano Pedro Floriani.

Oferta educativa No IES Pedro Floriani impártense todos os cursos da Educación Secundaria Obrigatoria. Tamén oferta tres liñas de bacharelato, en Ciencias e Tecnoloxía, en Humanidades e Ciencias Sociais e en Artes plásticas

En canto á formación profesional, oferta os seguintes ciclos formativos: FP Básica de Servizos administrativos FP Básica de Electricidade e electrónica CM en Instalacións de telecomunicacións CM en Xestión administrativa CS en Administración e finanzas

No centro tamén se imparte a Educación Secundaria de Persoas Adultas (ESPA).

Asemade, acolle á Sección da Escola Oficial de Idiomas de Redondela.

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web do IES Pedro Floriani

Pedro Categoría:Redondela