Barcelona en Comú, inicialmente denominada Guanyem Barcelona, é unha plataforma cidadá, constituída en partido político, co obxectivo de presentarse ás eleccións municipais de 2015 na cidade de Barcelona. A súa candidata á alcaldía e unha dos seus principais impulsores é a activista Ada Colau, ex voceiro da Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).
Conflúen no proxecto os partidos Iniciativa per Catalunya Verds, Esquerra Unida i Alternativa, Equo, Procés Constituent e Podem.
A formación foi a lista máis votada nas eleccións de 2015 en Barcelona cun concelleiro máis que CiU, a segunda forza.Colau gaña pola mínima en Barcelona
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Forzas políticas de Cataluña Categoría:Barcelona Categoría:Podemos