O O'Brien Trophy, ou O'Brien Cup,Coleman(1966) p. 189 como se designa no propio trofeo, é un trofeo retirado de hóckey sobre xeo que era entregado nas ligas National Hockey Association (NHA) e a National Hockey League (NHL) dende 1910 ata 1950. Foi orixinalmente doado á NHA polo senador canadense M. J. O'Brien en honor ao seu fillo, Ambrose O'Brien. A Copa foi fabricada empregando prata dunha mina de O'Brien.

A Copa ten sido entregada baixo catro definicións. Dende 1910 ata 1917, foi entregada ao campión da NHL. En 1921, a Copa foi transferida á NHL e foi entregada ao campión da liga ata 1927. Dende 1928 ata 1938, foi entregada ao campión da Canadian Division. Dende a tempada 1938–39, foi entregado ao finalista dos play-offs da NHL. En 1950, a Copa foi retirada e non se entrega dende aquela. En total, a Copa foi entregada en 41 tempadas a 20 equipos diferentes. Actualmente a Copa forma parte da colección do Hockey Hall of Fame.

Historia A copa foi doada á National Hockey Association polo senador canadense Michael J. O'Brien en honor ao seu fillo, Ambrose O'Brien, que foi acreditado coa formación da National Hockey Association, a precursora da NHL. A Copa foi orixinalmente entregada ao equipo campión da NHA. Feita por completo de prata da mina de O'Brien, o valor do trofeo foi estimado en 600 dólares canadenses (sobre CDN $11,015 en dólares de 2015). Como a Stanley Cup, fideicomisarios foron nomeados para o trofeo. Eses foron os executivos da NHL Harry Trihey, Emmett Quinn e T. Yates Foster. Posteriormente, o fideicomisario da Stanley Cup William Foran pasaría a ser o único depositario da O'Brien Cup. O 2 de decembro de 1911, a NHA designou oficialmente ao trofeo como o trofeo do campión da liga.

Cando a NHA foi suspendida en 1917, a copa estaba en mans dos Montreal Canadiens. Permaneceu ao seu cargo ata 1921. En novembro de 1921, anunciouse que a Copa sería entregada á National Hockey League para ser entregada anualmente aos campións da NHL. O presidente da NHL Frank Calder arranxou con Ambrose O'Brien unha nova escritura de doazón. A Copa, que Calder asegurara a raíz da morte do presidente de Montreal George Kennedy, foi entón presentada aos campións da NHL, os Ottawa Senators. En 1925, a NHL inaugurou o Prince of Wales Trophy, que tamén foi presentado aos campións da NHL.

Dende a tempada 1927–28 en diante, un ano despois da ampliación da NHL a dúas divisións en 1926, a Copa foi entregada ao campión da Canadian Division, mentres que o Prince of Wales Trophy foi entregado ao gañador da American Division. Sería entregado baixo esta definición ata o final da tempada 1937–38.

A tempada 1938-39 viu o regreso da NHL a unha soa división, e dende este momento a copa foi foi entregada ao finalista dos play-offs. A Copa non foi entregada formalmente dende 1939 ata 1943 e non foi ata 1944 cando os equipos gañadores neste período foron inscritos no trofeo. Ao final da tempada 1949-50 o trofeo foi retirado en non foi entregado dende aquela. Actualmente se encontra na colección do Hockey Hall of Fame en Toronto (Ontario, Canadá) e se encontra na exposición xunto con outros trofeos históricos na entrada do Panasonic Hometown Hockey.

Os Montreal Canadiens son o equipo que máis veces gañou o trofeo, tendo conseguido a Copa 11 veces. Os Toronto Maple Leafs son o segundo equipo máis laureado, cun total de oito veces, seis como Maple Leafs, unha como St. Patricks e outra como Toronto. Os Detroit Red Wings son o equipo estadounidense que máis veces gañou a Copa con cinco títulos.

Campións + Trofeos totais Vitorias Equipo11Estes totais inclúen os anos nos que o trofeo non foi entregado, mais se inclúen nas vitorias enumeradas polo Hall of Fame.Estes totais inclúen os anos nos que o trofeo foi entregado, mais non se inclúen nas vitorias enumeradas polo Hall of Fame.Montreal Canadiens8Toronto Maple Leafs (6 vitorias)Toronto Hockey Club (NHL)O Toronto club foi operado por Arena Co., e non tivo alcume na tempada 1917-18. (1 vitoria) Toronto St. Patricks(1 vitoria)6Ottawa Senators5Detroit Red Wings2Boston BruinsMontreal MaroonsQuebec Bulldogs1Chicago Black HawksMontreal WanderersNew York RangersToronto Hockey Club (NHA)

Lenda * = Equipos desaparecidos ^ =

Campión da NHA TempadaCampiónVitorias 1910 Montreal Wanderers * ^ 1 1910–11 Ottawa Senators * 1 1911–12 Quebec Bulldogs * ^ 1 1912–13 Quebec Bulldogs * ^ 2 1913–14 Toronto Hockey Club (NHA) * ^ 1 1914–15 Ottawa Senators * 2 1915–16 Montreal Canadiens ^ 1 1916–17 Montreal Canadiens 2

Campión dos play-offs da NHL miniatura|Frank Nighbor dos Ottawa Senators formou parte dos equipos campións da O'Brien Cup. TempadaCampiónVitorias 1917–18O trofeo non foi entregado durante estes anos, mais o Hockey Hall of Fame enumera a estes equipos como campións. Toronto Hockey Club (NHL) ^ 1 1918–19 Montreal Canadiens 3 1919–20 Ottawa Senators * ^ 3 1920–21 Ottawa Senators * ^ 4 1921–22 Toronto St. Patricks ^ 2 1922–23 Ottawa Senators * ^ 5 1923–24Estes anos están enumerados na páxina 34 de Fischler(1983), mais non están enumerados no sitio web do Hockey Hall of Fame. Porén, as imaxes da tempada 1925-26 dos Maroons e a 1926-27 dos Senators mostra a O'Brien Cup como un dos trofeos que gañaron nesas tempadas. Montreal Canadiens 4 1924–25 Montreal Canadiens 5 1925–26 Montreal Maroons * ^ 1 1926–27 Ottawa Senators * ^ 6

Campión da Canadian Division (NHL) TempadaCampiónVitorias 1927–28 Montreal Canadiens 6 1928–29 Montreal Canadiens 7 1929–30 Montreal Maroons * ^ 2 1930–31 Montreal Canadiens ^ 8 1931–32 Montreal Canadiens 9 1932–33 Toronto Maple Leafs 3 1933–34 Toronto Maple Leafs 4 1934–35 Toronto Maple Leafs 5 1935–36 Montreal Maroons * 2 1936–37 Montreal Canadiens 10 1937–38 Toronto Maple Leafs 6

Finalista dos play-offs da NHL TempadaCampiónVitorias 1938–39 Toronto Maple Leafs 7 1939–40 Toronto Maple Leafs 8 1940–41 Detroit Red Wings 1 1941–42 Detroit Red Wings 2 1942–43 Boston Bruins 1 1943–44 Chicago Black Hawks 1 1944–45 Detroit Red Wings 3 1945–46 Boston Bruins 2 1946–47 Montreal Canadiens 11 1947–48 Detroit Red Wings 4 1948–49 Detroit Red Wings 5 1949–50 New York Rangers 1

Fonte: Fischler(1983), p. 34.

Notas

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Lista de premios da National Hockey League Stanley Cup Prince of Wales Trophy President's Trophy National Hockey Association

Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Trofeos e premios da National Hockey League Categoría:National Hockey Association