A Internationale Bachakademie Stuttgart é unha fundación con sede en Stuttgart, creada en 1981 por Helmuth Rilling para fomentar concertos internacionais e obradoiros, entre eles o Musikfest Stuttgart, adicado especialmente á música de Johann Sebastian Bach en relación coa composición dos nosos días. Hans-Christoph Rademann foi designado director da fundación o 1 de xuño de 2013.

Musikfest Stuttgart A fundación ten organizado numerosas series de concertos entre as que se inclúe o "Musikfest Stuttgart" (ata 2008 "Europäisches Musikfest Stuttgart"), celebrado con carácter anual.

Ensembles Ten apoiado aos ensembles Gächinger Kantorei, Bach-Collegium Stuttgart e o anual Festivalensemble Stuttgart, e levou a cabo clases maxistrais e recitais con carácter didáctico.

Colaboracións internacionais A Bachakademie Stuttgart ten colaborado co Oregon Bach Festival e outras Academias Bach en Caracas, Buenos Aires, Tokyo, Osaca, Sendai, Budapest, Cluj-Napoca, Cracovia, Krasnoyarsk, Moscova, Praga, Riga, Talín, Atenas, e tamén coa Israel Philharmonic Orchestra.

En 1994 a Internationale Bachakademie Stuttgart recibiu o "UNESCO Music Prize" do International Music Council.laureates 1975 - 2004 of the International Music Council

Encargos Encargou composicións coma o Requiem of Reconciliation en 1995, en 2000 obras para o proxecto "Passion 2000" de Sofia Gubaidulina (Johannes-Passion), Tan Dun (Water Passion After St. Matthew), Osvaldo Golijov (La Pasión según San Marcos), e Wolfgang Rihm, ou en 2009 Messiah de Sven-David Sandström, estreada no Oregon Bach Festival e tamén interpretada no Rheingau Musik Festival e no Berliner Philharmonie.

Gravacións No ano 2000 publicou unha "Edition Bachakademie“ con todas as obras de Bach en 172 CDs co selo Hänssler Classic de Hänssler Verlag, posteriormente en 2010 para o 75º aniversario de Rilling como un iPod Bach.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial do Internationale Bachakademie Stuttgart

Categoría:Fundacións Categoría:Johann Sebastian Bach