Cynoglossus monodi é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos cinoglósidos e subfamilia dos cinoglosinos,Cynoglossus monodi Chabanaud, 1949 no WoRMS. coñecido en galego como lingua de can de Guinea.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 80.

Taxonomía A especie foi descrita en 1949 polo ictiólogo francés Paul Chabanaud.Cynoglossus monodi Chabanaud, 1949 en FishBase.

Sinónimos Ademais de polo nome orixinario, a especie tamén foi coñecida polo sinónimo Cynoglossus lagoensis monodi Chabanaud, 1949.

Características É un peixe plano de corpo ovalado, coa marxe anterior da cabeza semicircular, e rematado nunha cola que se vai estreitando progresivamente, que pode chegar a medir até 40 cm de lonxitude,Schneider, W. (1990). aínda que os espécimes apañados na pesca adoitan roldar os 30 cm.

Hábitat, distribución e bioloxía É unha especie mariña e de augas salobres, demersal, que habita en augas costeiras tropicais sobre fondos areosos ou lamacentos, a profundidades de entre os 10 e os 30 m, máis frecuentemente entre os 10 e os 25 m,Sanches, J. G. (1991): Catálogo dos principais peixes marinhos da República de Guiné-Bissau. Publicações avulsas do I.N.I.P. nº 16. no Atlántico oriental, entre os 14° N e os 5° S, desde Mauritania até Pointe-Noire, República do Congo.

Aliméntase de moluscos bentónicos.

Pesca Cynoglossus monodi é unha especioe comestíbel, que se pesca na zona 34 (Atlántico centro-oriental).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Desoutter, M. (1990): "Cynoglossidae". En J. C. Quéro, J. C. Hureau, C. Karrer, A. Post & L. Saldanha, eds.: Check-list of the fishes of the eastern tropical Atlantic (CLOFETA). JNICT, Lisboa; SEI, París; e UNESCO, París. Vol. 2, pp. 1050-1054. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Schneider, W. (1990): FAO species identification sheets for fishery purposes. Field guide to the commercial marine resources of the Gulf of Guinea. Prepared and published with the support of the FAO Regional Office for Africa. Roma: FAO.

Outros artigos Pleuronectiformes Cinoglósidos Cinoglosinos Cynoglossus

Ligazóns externas Cynoglossus monodi Guinean Tonguesole na Encyclopedia of Life. Informacións, imaxe e mapas de distribución . Cynoglossus monodi Chabanaud, 1949 no ITIS.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1949 Categoría:Produtos da pesca