O Collegium Canisianum, ou simplemente Canisianum de Innsbruck, é un seminario internacional de Teoloxía da Igrexa Católica, dirixido pola Compañía de Xesús, un dos máis importantes de Austria.

Historia O Canisianum é un dos moitos seminarios xesuítas do mundo que levan o nome do santo Pedro Canisio, un dos compañeiros de Ignacio de Loiola. Construíuse entre 1910 e 1911, e confiouse á Compañía de Xesús. O seu primeiro reitor, ou regens, foi Michael Hofmann. O Canisianum substituíu o antigo seminario Nicolaihaus, que non podía satisfacer toda a demanda de alumnado.

Entre 1915 e 1919 acolleu tamén os seminaristas do Collegium Germanicum de Roma, expulsados pola primeira guerra mundial.

Logo da anexión de Austria, o goberno nazi ordenou o seu peche o 21 de novembro de 1928, e non volveu abrir as súas portas até outubro de 1945. Até entón, a facultade de Teoloxía trasladouse Sitten, en Suíza. En 2007 o Canisianum pasou de ser un seminario a unha Escola Internacional de Teoloxía para sacerdotes que quixesen mellorar a súa formación na Universidade de Innsbruck.

No 2022 concluíronse unha serie de reformas para restaurar o seu edificio centenario.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Seminarios Categoría:Compañía de Xesús Categoría:Organizacións católicas de Austria