Santa María de Luneda é unha parroquia que se localiza no sur do concello da Caniza. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 163 habitantes (84 mulleres e 79 homes) distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 314 habitantes.

Toponimia O nome tradicional en galego desta parroquia era Lueda ou Loeda, pero a intensa castelanización da toponimia que se deu no século XVII nas áreas próximas á fronteira portuguesa acabou por impoñer a forma castelanizada (hoxe tense constancia de que o nome galego sobreviviu na fala das inmediacións).

Ten paralelo en dous topónimos da provincia de Ourense: o nome da parroquia de Loeda (Piñor) e tamén hai un Lueda en Bande. Segundo Gonzalo Navaza, a documentación do mosteiro de Melón garante que as persoas apelidadas Lueda e Loeda da comarca do Ribeiro son orixinarias desta parroquia chamada hoxe en día Luneda.

De feito, coa edición de 2003 do Nomenclátor, o nome oficial desta parroquia ía ser Lueda (Santa María) e o do concello A Caniza, pero houbo unha rectificación e os dous nomes oficiais continuaron estando castelanizados. No entanto, coa actualización de 2026, restituíuse a forma galega para A Caniza, mais Luneda seguiu estando castelanizado.

Xeografía Baña a parroquia o rego CortegazaGran Enciclopedia Galega., afluente do río Deva. Limita ao norte coa parroquia das Achas e ao sur con Mourentán (Arbo).

Historia Dependía da encomenda da freguesía de Santa María de Beade a través da orde de San Xoán de XerusalénFrancisco Ávila y la Cueva (1852): Historia civil y eclesiástica de la ciudad de Tuy y su obispado..

Patrimonio A igrexa parroquial de Santa María ten unha espadana de dúas campás. Amais existe unha capela adicada a San Roque e outra ermida adicada á Angustia no lugar do Lagarto, de propiedade particular.

Nesta parroquia atópase situada a casa e a Fundación Mundonatura.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Luneda

Parroquias da Caniza

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares da Caniza

Categoría:Parroquias da Caniza Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María